XI SEMANA DA MÚSICA: A PERCUSIÓN (22/11/2023)
Esta é a décimo primeira Semana da Música que celebramos no colexio con motivo de Santa Icía, patroa da música.
Durante toda a semana, o alumnado tivo que dar resposta aos retos e ás probas que foron aparecendo na entrada da biblioteca investigando e averiguando moitos datos sobre a familia de instrumentos á que se lle adicou este ano a semana musical: A PERCUSIÓN.
A actividade completouse cun concerto didáctico na biblioteca a cargo de Alba Varela Losada, ex-alumna do noso colexio e, na actualidade, alumna en prácticas. Ela, como percusionista, puido explicarlle a todo o alumnado os aspectos máis importantes dos instrumentos que forman esta familia: clasificación, tipos de sons que poden producir, técnica instrumental, tipos de baquetas, instrumentos de pequena percusión...
Podedes ver algúns anacos deste concerto no seguinte vídeo:
Despois Alba foi a encargada de facer entrega dos agasallos aos participantes no certame de investigación e os premios aos que mellor o fixeron.
Para rematar Alba estivo nos nosos estudos radiofónicos onde foi entrevistada por Javier, Germán e Carlota como podedes escoitar no seguinte programa de Radiuvín.
Moitas grazas Alba por este concerto e por todas as túas explicacións tan didácticas!
Moitas grazas á banda de música por prestarnos os instrumentos para esta sesión!
PARA VER MÁIS MOMENTOS DESTA ACTIVIDADE,
PODEDES FACELO PREMENDO NA GALERÍA DE IMAXES
FELIZ DÍA DE SANTA ICÍA!!!