XARDINEIRAS EXTERIORES
Comeza un novo curso e temos enerxías renovadas para intentar facer o colexio máis bonito. Unha das zonas que queremos recuperar este ano é o peche exterior e para iso, empezaremos coas xardineiras que se encontran na entrada ao recinto escolar.
O primeiro que hai que facer é arrincar toda a maleza que medrou nelas, despois plantaremos unhas bonitas prantas e pintarémolas para que queden fermosas.
Así era como estaban e así como quedaron
Que bonitas están!! Se queres ver como foi a súa transformación preme aquí.