XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

   EXTRACTO  DA  ACLARACIÓN  DA DIRECCIÓN  XERAL  DE  ORDENACIÓN  E  INNOVACIÓN  EDUCATIVA  SOBRE  A  XUSTIFICACIÓN  DAS  FALTAS  DE  ASISTENCIA  DO  ALUMNADO:

 

- As nais, os pais e as persoas titoras ou gardadores legais son as persoas responsables de comunicar previamente, sempre que sexa posible, a ausencia a clase da alumna/o.

 

- As faltas de asistencia débense xustificar perante o profesorado titor de xeito documental e nun prazo máximo de dous días lectivos desde que se produza a reincorporación ao centro.

 

- Tanto a comunicación das ausencias como a xustificación das faltas pode realizarse a través de medios físicos ou dixitais.

 

- Xustificaranse as faltas de asistencia tendo en conta o seguinte:

a) ASISTENCIA A CONSULTAS MÉDICAS, ENFERMIDADES E/OU INDISPOSICIÓNS LEVES: xustificante escrito e asinado pola nai, o pai ou a persoa titora ou gardadora legal. Non é necesario achegar xustificante médico.

    No caso de que o centro considere que a falta de asistencia por este motivo non está suficientemente xustificada por se producir de forma recorrente e continuada no tempo, excedendo dos 4 días ao mes, o centro poderá solicitar unha xustificación complementria ás nais, aos pais ou ás persoas titoras ou gardadoras legais.

 

b) ENFERMIDADE OU DOENZAS CRÓNICAS QUE IMPLIQUEN  FALTAS  DE  ASISTENCIA DE  FORMA  PERIÓDICA: informe médico que terá validez como máximo por un curso académico.

 

c) ACCIDENTE, ENFERMIDADE GRAVE OU  FALECEMENTO DE FAMILIARES DE ATA SEGUNDO GRAO: MÁXIMO 4 DÍAS POR SUCESO: xustificante escrito e asinado polas persoas titoras ou gardadoras legais.