HIXIENE E SAÚDE BUCODENTAL (19/5/2023)
Hoxe tivemos visita na biblioteca; con nós estiveronIván Sánchez, exalumno do colexio, Sergio Rodríguez e Lucía Vázquez. Os tres traballan na Clínica Dental Escairón e viñeron a falarnos sobre saúde e hixiene bucodental, xa que como sabedes, a saúde é un dos obxectivos da Axenda 2030 que queremos reforzar.
Nesta actividade os alumnos e alumnas do cole coñeceron da man destes profesionais a importancia dun bo cepillado dental e os pasos para que o cepillado sexa correcto.
Tamén nos falaron sobre a importancia dunha alimentación adecuada e dos alimentos que nos poden axudar a manter san a nosa dentadura: froitas, verduras, leite, queixo... porque a saúde da dentadura repercute no resto do corpo.
Para rematar, practicamos o cepillado cunha dentadura e cubrimos unhas fichas nas que se recollían as ideas principais desta charla:
-
Cepillar os dentes 3 veces ao día.
-
Que o cepillado dure 2 minutos
-
Utilizar pouca pasta
-
Visitar ao dentista
-
Comer menos chuches e doces
Se queredes máis información e consellos sobre hixiene e saúde bucodental podedes escoitar o podcast no que Iván, Sergio e Lucía responden ás preguntas de Carlota e Diego.
MOITAS GRAZAS POR ESTA CHARLA!
ESPERAMOS, COMO VÓS DIXESTES, QUE O COLE DE SOBER SEXA A PARTIR DE AGORA UN LUGAR LIBRE DE CARIES!!