DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR (2-5-2023)
O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar coa finalidade de concienciar sobre este problema que afecta a escolares de todo o mundo: agresións, insultos, motes, bloqueo social, coaccións...
Para loitar contra esta lacra e contra actitudes que non queremos no noso centro, realizamos un obradoiro sobre emocións dirixido por Vivi, psicóloga clínica experta en intelixencia emocional de Kybalion. Atención integral.
O alumnado de Ed. infantil tivo como punto de partido a lectura do libro Malena Ballena de Davide Cali (Ed. Libros del Zorro Rojo) que conta a historia de Malena, unha nena que pesa demasiado e por iso lle chaman "ballena". Pero un día o seu monitor de natación ensinoulle algo que fixo cambiar a súa vida.
A historia serviu para que se puxeran na pel de nenos e nenas que están sufrindo acoso ou que se senten limitados á hora de facer o que lles gusta pero desde o repecto e o fomento da autoestima.
A segunda parte do obradoiro tiña a finalidade de identificar as feridas que causan este tipo de comportamentos; para isto o alumnado fixo un traballo de reflexión sobre situacións que sufriran ou que provocaran escribíndoas nun papel e despois pegándoas nun corazón ao que se lle transmitía ese dano en forma de engurra, rotura ou buratos e así decantarnos de que os actos teñen consecuencias e deixan marcas que non se poden borrar simplemente pedindo perdón.
Para rematar en positivo, fixemos outro corazón con propostas de mellora: poñerse no lugar da outra persoa, mediar en conflictos, non ignorar a certxs compañeirxs, non utilizar motes...
Esperemos que esta sesión si que deixe sinal no noso alumnado e que desterremos para sempre do noso cole os comportamentos que causan feridas!!