RECEITAS PARA A PAZ (30-01-2023)
O alumnado de 1º e 2º de Primaria converteuse en persoal de cociña para conmemorar o Día da Paz inventando varias receitas con ingredientes indispensables para preparar un bo plato de paz.
Primeiro fixeron unha choiva de ideas para pensar que ingredientes deberían utilizar e despois escolleron os que lles pareceron más apropiados: respecto, tolerancia, amor, apertas, amizade, empatía...
Para rematar expuxeron os seus traballos nun mural que está no corredor principal do piso superior e no que expresaron os seus desexos de paz tamén en castelán e en inglés xa que somos un centro plurilingüe.