TIK - TOK - TAC... A CONCIENCIA! (24/11/2022)

    A través da ANPA tivemos na biblioteca do colexio esta actividade con Branca Villares que consistiu nun obradoiro de danzas, teatro e vídeos con conciencia para o alumnado de Primaria.

 
 

 

   Tiktok e outras plataformas similares poñen de manifesto o moito que nos gusta bailar, repetir secuencias de movementos ao compás dunha melodía, teatralizar pequenas escenas, executar música en directo... habilidades a priori, estupendas para a rapazada; pero o problema xorde cando atopamos bailes hipersexualizados e chistes e bromas machistas ou sexistas.

   Neste obradoiro o alumnado fixo actividades para reflexionar sobre a normalización destes contidos e utilizar unha mirada crítica cos videos que visualizan. Para iso artellaron propostas estéticas atractivas que potencian outro tipo de valores.