CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR - CONCELLO DE SOBER (NOVEMBRO 2022)
BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE ALUMNAS/OS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2º ciclo) E EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP P. VIRXE DO CARME.
Adxuntamos as bases da concención de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnas/os matriculadas/os en Educación Infantil e Educación Primaria no CEIP P. Virxe do Carme do Concello se Sober.
No apartado de documentación punto 3, di que se necesita un certidicado de matriculación expedido polo centro. Este certidicado non é necesario porque xa o enviamos directamente desde o centro.
As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de novembro de 2022.