III VISITA DIDÁCTICA ÁS ESCAVACIÓNS DE PROENDOS (27-09-2022)
O alumnado de 3º a 6º de Primaria fixo unha nova visita ás escavacións arqueolóxicas que se están realizando na parroquia soberina de Proendos para ampliar a información de visitas anteriores.
A escavación que visitamos é unha ampliación da zona do hórreo xa descuberto en anos anteriores. Alí, Francisco Alonso, o seu director técnico,fixo de guía para explicarnos os achados realizados nesta ampliación coa que conseguiron escavar a totalidade do hórreo.
Según nos dixo, as escavacións confirman a importancia do xacemento de Proendos tanto polo hórreo en si mesmo que é único no noroeste peninsular como pola cantidade de vestixios que atoparon de épocas moi diferentes: mundo castrexo, romano, medieval... xa que en poucos sitios se pode atopar esta variedade nun mesmo lugar.
Coas súas explicacións puidemos entender mellor os vestixios e aprendemos moitos termos relacionados con esta época e con técnicas de investigación: flotar a terra, terra sigilata, paleoambiente, fiada de sacrificio, como se documentan as capas escavadas... ademais tamén resolveu todas as dúbidas do noso alumnado que prestou moita atención ás súas explicacións.
En definitiva, unha saída moi interesante e didáctica que nos axuda a pór en valor o noso e a coñecer as riquezas do noso concello.
MOITAS GRAZAS POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIDÁCTICA
QUE ESPERAMOS VOLVER A REPETIR EN NOVAS FASES DESTA ESCAVACIÓN!!