UNHA SESIÓN DE SOCIAIS DIFERENTE NA BIBLIOTECA (15 - 06 - 2022)
Como estamos chegando ao final de curso, durante as últimas sesións de Sociais o alumnado de 1º de Primaria estivo a repasar diferentes contidos vistos durante o curso dun xeito un pouquiño diferente. O tema elixido foi o sistema solar, o seu favorito!
Estivemos a repasar a orde dos planetas no sistema solar co taboleiro dos escornabots.
Ademais, estivemos a fedellar co Merge Cube unha ferramenta física que nos permite coa axuda dunha aplicación de uso gratuíto (Merge Object Viewer) ver obxectos en 3D, empregando a cámara dun dispositivo electrónico. Grazas a el, o alumando aprenden ciencia e STEAM dun xeito máis práctico e interactivo. Estivemos a ver, os diferentes planetas, algúns astros como o sol e, incluso, os movementos de rotación e traslación.
Claro está, que el@s teñen o universo nas súas mans!