CLUB DE LECTURA - 9ª sesión (17-03-2022)
Comezamos un novo libro no club de lectura: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares, autor homenaxeado o Día Das Letras Galegas 2017.
Con esta obra teatral tan divertida da nosa literatura, Carlos Casares recibiu o premio "Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”
Primeiro presentamos ao autor, falamos da súa obre e lemos un fragmento do libro Onde vai Carlos? de Xosé A. Perozo.
Despois comezamos o libro comentando entre todos o escenario debuxado nas primeiras páxinas da obra e lendo a contextualización que aparece a continuación. Tamén fixemos fincapé na importancia das acotacións e de fixarse ben en que personaxe está falando en cada momento da lectura.
Esperemos que os nenos e as nenas desfruten da lectura desta obra e mentres tanto, deixamos esta selección de obras de Carlos Casares no punto de novidades da biblioteca.