CAMPAÑA COME LOCAL

     Hoxe comezamos a degustar os produtos procedentes da III Edición da campaña "Come Local" en comedores escolares de Galicia da Consellería de Medio Rural a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) para impulsar o consumo de produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade.

 

   O primeiro produto que chegou á mesa dos usuarios de comedor foron as fabas da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Fabas de Lourenzá convertidas nunha apetitosa fabada á que non lle faltaba de nada.