CIENCIA EN GALEGO: LÁMPADA DE LAVA - 5º E 6º (8/11/2021)

 

     Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, este mes pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia en galego

   O obxectivo desta conmemoración é mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescudas e divulgación científica.

    Por esta razón, durante todo o mes estivemos a facer diferentes experimentos. Neste caso o alumnado de 5º e 6º de Primaria creou unha lámpada de lava. Mirade atentamente!