DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3/12/2021)
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 proclamou o 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.
Esta finalidade recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.
Desde o centro quixemos sensibilizar ao noso alumnado sobre a discapacidade visual e para iso fixemos varias actividades.
Os nenos e nenas de Educación Infantil viron o corto Pip, perro guía e colorearon un cos ollos pechados para decatarse do difícil que é facer as cousas sen ver.
En primaria quixemos achegarnos ao alfabeto Braille coñecéndoo e coloreando diferentes letras coas que formar palabras e conceptos que debemos ter moi presentes: respecto, tolerancia, inclusión, diversidade...
Despois utilizamos caixas de menciñas e El libro negro de los colores escrito por Menena Cottin e publicado en español e Braille; para intentar recoñecer algunhas das letras do alfabeto Braille.
Esperamos que con estas actividades o noso alumnado tome conciencia das dificultadas ás que se enfrontan as persoas con algún tipo de discapacidade.