A MEMORIA DO SON (5/11/2021)

 

   Os nenos e nenas de 5º e 6º asistiron á inauguración da mostra "A Memoria do Son". Este acto levouse a cabo na Casa da Cultura do Concello das mans do deputado provincial, Efrén Castro, do director da Colección de Instrumentos e comisario da exposición, Luciano Pérez, e do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

    Esta exposición reúne réplicas de instrumentos musicais medievais que se podían ver e escoitar nos séculos XII e XIII en Galicia e réplicas de instrumentos esculpidos en pedra no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela e no Pazo de Xelmírez.

 

    Pero xs nosxs alumnxs non só puideron ver estes instrumentos, tamén puideron tocar un deles seguindo o esquema que se atopaba debaixo das súas cordas. Así soaron pezas como Santa María, Strela do día de Alfonso X "O Sabio"

 

   Para rematar agasalláronnos cuns quebracabezas e varios pasatempos, o libro da exposición para a biblioteca e participaron nun obradoiro con Luciano no que fixeron o seu propio instrumento partindo dunha abelá. 

 

  Primeiro líxase a abelá o máis perpendicular posible ata chegar ao froito.
 
 
 
   Segundo baleirámola cun clip ata que quede oca
 
 
 
 Terceiro e último sopramos dentro para conseguir que soe como se fose un chifre.
 

   

Xa temos listo o noso instrumento natural de vento!!