PLAN DIRECTOR (1-12-2021)
Hoxe tivemos na biblioteca a Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais que veu a darlle unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a través do Plan Director.
Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado pois, aínda que sabemos que non teñen idade para abrir perfís de redes sociais, a maioría deles teñen acceso a elas. Whatsapp, instagram, tiktok, xogos en rede... forman parte da súa realidade e, polo tanto, é necesario que aprendan e coñezan perigos que poden atopar en internet: grooming, estafas, roubo de datos persoais...
Ademais Ramón Peña tamén nos deu consellos de ciberseguridade como activar a dobre autenticación nas aplicacións que utilicemos pois aínda unha contrasinal segura que inclúa maiúsculas, minúsculas ou caracteres, se pode hackear. Para rematar, abriuse unha quenda de preguntas onde o noso alumnado puido resolver as súas dúbidas.
Se queredes saber máis de todo o que falamos hoxe, podedes escoitar a entrevista que lle fixeron Gareth e Valeria en Radiuvín; onde tamén nos deixou unhas verbas no libro de visitas.
Para rematar queremos dar as grazas a Ramón Peña e a este plan da Garda Civil que tan necesario nos parece e ante calquera problema que teñades, falade cun adulto ou pedide axuda chamando ao teléfono de axuda en ciberseguridade 017 ou por whastapp ao número 900116117.