BENVIDOS AO CURSO 2021/2022!!
BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2021 / 2022 !!
O 9 de setembro comeza este novo curso escolar para Educación Infantil e Primaria.
Desde o primeiro momento funcionarán con normalidade os servizos de transporte e comedor no horario habitual (9:45 - 15:45) aínda que mantendo os protocolos e os procedementos derivados da situación sanitaria COVID.
Para aclarar o protocolo e outros aspectos pedagóxicos e organizativos fundamentais para o desenvolvemento deste curso convocámosvos a unha reunión coas titoras correspondentes no seguinte horario:
INFANTIL A (3 e 4 anos): luns día 6 ás 12:00 hrs
INFANTIL B (5 anos): martes día 7 ás 12:30 hrs
1º e 2º PRIMARIA: martes día 7 ás 12:30 hrs
3º e 4º PRIMARIA: martes día 7 ás 11:30 hrs
5º e 6º PRIMARIA: martes día 7 ás 12:30 hrs
Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo este tempo sen vernos, con entusiasmo e cun montón de ganas de aprender cousas novas.
Estámosvos esperando... BENVIDOS!!