DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES (23 - 04 - 2021)

     Unha das actividades que facemos para conmemorar o Día do Libro desde fai varios anos (agás o ano pasado que tivo que ser de modo virtual) e que ademais é unha preferidas do noso alumnado, é a dos apadriñamentos lectores.

       Nestes apadriñamentos, @s biblioaxudantes organízaronse en catro grupos  que se repartiron polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto do alumnado que tamén dividido en 4 grupos (un por aula burbulla para que non houbera interacción entre eles e desinfectando e ventilando entre cada grupo) foron percorrendo a senda dos libros.
 
     Na biblioteca estaban Lucas Rodríguez e Zaira contando  O oso e o piano  de David Litchfield (Hércules Edicións); unha historia na que o oso acada fama e fortuna como pianista arredor de todo o mundo, pero aínda así botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás.
 
 
 
   No corredor principal esperábannos Pau, Pilar e César para lernos  Mabel y la montaña  de Kim Hillyard(Ed. Bruño), a fantástica aventura da mosca Mabel que soña con escalar montañas e realizar grandes planes aínda que as demais moscas a desanimen.
 
 
   

 

   Ao chegar ao Salón de actos, Lucía e Brais tíñan preparado un teatro de monicreques para contarnos a divertida e irónica viaxe dun rato que esta farto da súa vida aburrida: Rato en fuga de Miguel Ordóñez (Ed. Kalandraka)

 

 

   E para rematar, na entrada principal, Jorge, Paula e Hugo esperaban para contarnos co Kamishibai   Por que hai pedras no fondo do río?  que é un simpático conto africano encadenado no que ninguén quere ter a culpa así que a pedra coa que comeza a historia pide que a tiren ao fondo do río e a deixen tranquila.

 

 FELIZ  DÍA  DO  LIBRO!!!