AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carla (09-04-2021)
Sabemos que esta é unha actividade que lle gusta moito ao noso alumnado, por iso estamos moi contentos de que as familias sigan participando a pesar da situación sanitaria que vivimos.
Nesta ocasión son Carla Martínez e a súa nai Lupe as que se animan a ler o conto Roi quere ser mamá, escrito por Ana Pillado Vega e editado por A nosa Terra no que se reflexiona sobre a ruptura de estereotipos de xénero.
Nesta historia descubriremos que Roi quere ser mamá porque quere coidar á súa irmán pequena como o fai a súa nai, pero... por que? en realidade os pais non saben coidar aos bebés? Escoitade atentos...
MOITAS GRACIAS CARLA E LUPE
POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!