MOSAICO DE PEDRAS

O seguinte espazo que queremos recuperar é o terreo lateral que hai arredor da entrada.

Empezamos por arrincar as herbas e rastrillar a terra para quitar as pedras.

Rastrillando     Rastrillando

Unha vez que o terreo está preparado, pintamos os bancos da mesma cor que as xardineiras

pintando

A continuación recollemos pedras da parte traseira do colexio e pintámolas de cores.

recollendo pedras    pintando as pedras

Despois cubrimos o terreo cunha lona de plástico para que non volten a medrar as malas herbas e colocamos as pedras de cores, pedriñas brancas e corteza para facer o noso mosaico.

colocando pedras   facendo o mosaico

Este é o resultado final:

Mosaico rematado

VER MÁIS IMAXES DO PROCESO