O NOSO PATRIMONIO - Proxecto INEIN (10/06/2020)

    Na materia de Investigación e tratamento da información de 4º e 6º de Primaria estabamos a desenvolver antes do confinamento un proxecto conxunto co Concello de Sober sobre o noso patrimonio.
 
    Neste proxecto pretendiamos que o alumnado investigase sobre diferentes monumentos do concello e elaborase un vídeo explicando as características principais de cada un deles e incluso das lendas que os rodean para  o que se desprazarían ao monumento coa técnica de turismo municipal.
 
 
    Despois o Concello de Sober encargariase de colocar  en cada monumento unha placa cun código qr para que os turistas que veñen a visitar a Ribeira Sacra puidesen acceder ao vídeo elaborado polo alumnado; deste xeito pretendiamos por en valor o patrimonio entre o alumnado e darlle visibilidade ao seu traballo.
 
  Pero... chegou o confinamento e o proxecto quedou sen rematar aínda que os alumnos/as seguiron investigando e presentaron a súa investigación telemáticamente.
 
  Polo seu esforzo queremos compartir as súas investigacións e deixamos pendentes as gravacións dos vídeos para o próximo curso:

 

TRABALLO  DE  PABLO  PÉREZ  FREIRE
TRABALLO  DE  HUGO  FERNÁNDEZ  PRADA
TRABALLO  DE  XOÁN  PÉREZ  FERNÁNDEZ

 

TRABALLO  DE  LUCÍA RODRÍGUEZ  GONZÁLEZ

 

TRABALLO  DE  X.  SENÉN  HERNÁNDEZ  RODRÍGUEZ

 

TRABALLO  DE  ADRIÁN  LÓPEZ  REINA
TRABALLO  DE  LUCAS  RODRÍGUEZ  FREIRE

TRABALLO  DE  LAURA  GÓMEZ GRANDE

TRABALLO  DE  LAURA  GÓMEZ  GRANDE