VENRES DE ENTROIDO (21/02/2020)

    Hoxe venres é o día grande de Entroido no colexio porque é o día que nos disfrazamos co disfrace que levamos facendo desde hai un mes: OS BOSQUES DE SOBER.
 
   Con estes disfraces feitos todos con sacos de papel pintados quixemos facer fincapé na importancia da natureza, da reciclaxe e da loita polo medio ambiente comezando polo que temos máis preto que son os nosos bosques como pide a Axenda 2030 no obxectivo 13 (Acción polo clima) e no obxectivo 15 (Vida de ecosistemas terrestres).
 
   Por iso convertémonos en parte da nosa natureza facendo disfraces de animais propios da nosa contorna: coellos de monte, raposos, corzos, xabarís, lobos e tamén árbores que queren ficar nos Bosques de Sober.

 

 

  
    E que mellor que comezar esta xornada escoitando aos nosos biblioaxudantes Laura, Xoán e Brais ler a historia dun coello e un raposo? 
  
 
   Federico na Silveira de Xosé Miranda é a historia en verso do coello Federico que sae da súa casa para facer unha excursión pero cae na trampa do temible raposo... que lle pasará? Será quen de librarse do raposo con algunha intelixente trasnada? 

    Para saber o destino de Federico podedes escoitar a historia no seguinte podcast.

 

 
   A media mañá acompañados polas familias e polos ratiños e ratiñas do PAI foi o momento do desfile polas rúas de Sober ata a praza do Concello onde nos esperaba o alcalde e outro persoal do concello para repartirnos unhas bolsas de chuches.

 
O desfile rematou coa tradicional visita á residencia de maiores Virxe do Carme.
 
   
   Rematado o desfile, volvemos ao colexio onde tocou despedir ao profe Gabriel que levaba con nós desde principio de curso facendo una substitución.  Esperamos que non se olvide do seu paso por este centro e que veña a facernos algunha visita!
 
 
     Pola tarde foi o momento do disfrace libre: príncipes, princesas, héroes, mimos, guerreiros, animais, unicornios... todo ten cabida nesta festa e todos pasaron polo croma para facerse unas fotiños.
 
 
   Podedes ver todas as imaxes do desfile e do disfrace libre no seguinte enlace:
 
 
PARA  REMATAR  QUEREMOS  DAR  AS  GRAZAS  A  TODAS  AS  FAMILIAS  DE  ALUMN@S  E  EXALUMN@S  QUE  COLABORARON  NESTE  ENTROIDO  APORTANDO  SACOS  DE  PAPEL  PARA  O  DISFRACE.
 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  COLABORACIÓN!!