AS FAMILIAS CONTAN: Familia de EREA
A actividade As familias contan estivo de estrea pois por primeira vez viñeron a contar Erea e a súa nai Silvia.
Elas compartiron con nós o libro Cocorico de Marisa Núñez que conta a historia dun pitiño que se ofrece a ir por leña para acender o forno e que a súa nai poida facer un biscoito.
O problema xorde cando aparece Gato Pelado, un gato malvado que quere comelo dun bocado;
que trato pensades que lle ofrece o pitiño para salvarse?
E o máis importante...será quen de cumprilo?
Nós xa sabemos o final do conto porque Silvia e Erea nolo contaron de marabilla!
Se vós tamén queredes sabelo podedes escoitalas ás dúas na seguinte emisión de Radiuvín.
Pero Cocorico non foi o único conto que nos leron, tamén nos leron A que sabe a Lúa? de Michael Grejniec.
E viñeron cargadas cuns biscoitos para compartir con todos os nenos e nenas do colexio dos que como podedes ver só quedaron as migas!
MOITAS GRAZAS POR UNIRVOS AS FAMILIAS
QUE FORMAN PARTE DESTA ACTIVIDADE!!