EXCURSIÓN A SANTIAGO: CONCERTO DIDÁCTICO E VISITA AO CGAC (13/02/2020)

    O alumnado de Primaria participou hoxe nunha excursión a Santiago de Compostela.
 

   Pola mañá asistimos ao Concerto Didáctico Con fusion do grupo Píscore e a Banda Municipal de Música de Santiago no Auditorio de Galicia. Un concerto singular e orixinal no que gozamos do virtuosismo dos percusionistas que forman o cuarteto Píscore mesturado con diversidade de ritmos, humor e comedia xestual.
 
    Cunha marimba como elemento central do espectáculo, descubrimos ritmos de música latina, rock & roll, reggae, pop e música disco á vez que o alumnado era partícipe destes ritmos percutindo coas palmas, cos pés ou cantando.
  
 
   Un concerto moi divertido e didáctico no que os nenos o pasaron xenial como podedes ver nestes fragmentos do concerto.
 
     Para rematar, puideron facerse unha foto cos membros de Píscore.
 
   Despois comemos na Residencia Universitaria O Burgo das Nacións onde tamén houbo tempo para xogar a varios xogos tradicionais.
 
   Pola tarde fomos ao Centro Galego de Arte Contemporáneo onde puidemos visitar a mostra In Landscape Mode do artista lucense Chrsitian Villamide unha proposta que pretende facer reflexionar sobre os efectos da construción na paisaxe.
 
    Para esta actividade dividímonos en dous grupos e mentres un dos grupos facía a visita guiada á exposición o outro participaba nun obradoiro no que partindo dunha paisaxe tiñan que facer un collage con imaxes de revistas que representaran o que eles pensaban que podía ser esa paisaxe no pasado e como podería ser no futuro.