PROGRAMANDO O ESCORNABOT (18/6/2019)
Traballando os contidos de debuxo técnico 5º e 6º de Primaria, propuxémoslle ao nosos alumnado que deseñara unha figura para o escornabot ligado aos contidos de traballados.
Primeiro planificaron: fixeron os bocetos nos que mediron as distancias e os ángulos de xiro.
Despois pasaron a planificación a linguaxe de programación Arduino: programar, verificar, compilar e enviar ao noso escornabot.
Para rematar, comprobamos que o escorna fai algo semellante ao modelo proposto.