COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS na revista EDUGA (19/6/2019)
A revista EDUGA é a Revista Galega do Ensino publicada pola Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria.
Nela recóllense entre outras seccións Biblioteca, Formación, Innovación, Experiencias... e dentro do apartado Boas Prácticas da sección Bibliotecas, no seu último volume publicado, o número 77 (xaneiro - xuño 2019), poderedes ler un artigo que fala sobre o proxecto Coñecendo os nosos concellos que, como sabedes, é un proxecto radiofónico colaborativo coa biblioteca do CEIP A Pobra do Brollón.