COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS. 5ª EMISIÓN (10/05/2019)
Aquí está a nova emisión do programa Coñecendo os nosos concellos, que xa é a quinta!!
Na última emisión dos alumnos do CEIP da Pobra do Brollón, contáronnos moitas cousas sobre as singularidades da viticultura da súa zona e preguntáronnos sobre os monumentos que hai en Sober.
Pois ben, a raíz desta pregunta, quixemos achegarnos ao patrimonio do noso Concello para coñecer mellor o lugar onde vivimos, darlle o valor que se merece e difundilo para que non se perda e que outros tamén poidan coñecelo.
Así que, en colaboración co Concello de Sober e a Oficina de Turismo, o centro organizou a saída didáctica Na procura dos tesuros de Sober para achegarnos a algúns dos monumentos máis importantes da nosa localidade a través dunha busca do tesouro na que tiñamos que estar moi atentos ás explicacións da nosa guía Mari Fé.
Con todos os datos obtidos nesta excursión, elaboramos o guión deste programa radiofónico. Escoitade atentos!!
Esperamos que esta emisión vos gustase tanto como a nós! Ouvímonos na próxima edición na que esperamos escoitar a vosa resposta!
Ata pronto!!
Ata pronto!!