V CERTAME DE DEBUXO - FEIRA DO VIÑO DE AMANDI (11/4/2019)

    O alcalde de Sober, Luis F. Guitián, entregou no Centro Sociocultural da localidade o premio ao debuxo gañador do V Certame de Debuxo da Feira do Viño de Sober correspondente a súa XXXIX Edición. 

 
    Os nenos participantes do noso centro, do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e do colexio de Currelos; asistiron ao acto de entrega  no que Julia Fernández deu a coñecer o nome do ganador lendo a acta do certame  do que foron xurado Rodrigo Coucheiro, gañador do certame de carteis da XXXIX Feira do Viño de Amandi e Eva Abal, empresaria e emprendedora da localidade especializada en deseño e interiorismo.

 
  Entre os máis de 100 debuxos presentados, a gañadora foi Uxía Trail Bates que recibiu un premio valorado en 150 euros e viu convertido o seu debuxo nunha tarxeta postal prefranqueada que o Concello enviará aos Centros Galegos de Europa e América co obxectivo de conseguir unha difusión internacional.
 
 
  Estas tarxetas postais impresas por Correos estarán á disposición do público na Oficina de Turismo de Sober a un prezo de 1,5 euros.

  Concedeuse un accésit de 50 euros ao mellor debuxo de cada colexio participante: Patricia López, de Currelos; Celia María García, do Monte Baliño de Pantón e Xoán Pérez, de Sober.

 
  O resto dos participantes tamén tiveron premios: unha postal e unha mochila para colorear que recolleron os representante de cada centro.

   
   Para rematar, no seguinte enlace podedes acceder a todos os debuxos que presentaron os alumnos do noso colexio ordenados por cursos.

 
 
  Esta entrega de premios foi publicada pola prensa escrita da nosa comarca:

La Voz de Galicia, 11/04/2019
El Progreso, 11/04/2019

GALERÍA  DE   FOTOS