DÍA DO LIBRO INFANTIL (2/04/2019): ¿De qué color es un beso?

  O 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY propón a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
 
       Este ano o autor seleccionado para escribir unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, foi o ilustrador e escritor lituano Kestius Kasparavicius baixo o título Os libros fannos acougar. No seguinte audio podedes escoitar o seu manifesto nas voces de Senén, Uxía, Aitana, Pablo e Loïc.
  
 
 
   Desde a biblioteca traballamos o libro ¿De qué color es un beso? de Rocío Bonilla. Un libro que trata sobre os sentimentos que nos producen os bicos e nos axuda a descubrir a variedade de sensacións que podemos experimentar con eles.

  Para achegarllo ao noso alumnado, os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 e 4 anos, elaboraron este vídeo no que ademais de poñerlle voz ao texto axudados por Jorge, pasan a formar parte das súas páxinas. Mirade atentos!!

  

  

 

  Despois do visionado na biblioteca, fixemos un traballo de reflexión sobre o libro e cada un dos nenos e nenas do colexio, fixo un corazón representando e explicando cal sería a cor dos seus bicos.