O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

A Consellería do Mar achéganos esta campaña para potenciar o consumo de peixe fresco nos comedores dos centros escolares.

Cunha pequena obra de teatro, un pescador e unha cociñeira ensínanlle aos nenos coñecementos sobre o mundo do peixe e a importancia da presenza do peixe e do marisco na nosa dieta.

Ademáis para facer esta campaña máis amena, ven da man de 7 nenos con candanseu superpoder vinculado as vitaminas das especies que se van a consumir neste programa: xurel, pescada, rodaballo, troita e mexillón.


VER  IMAXES  DA  CHARLA