EXCURSIÓN A SANTIAGO E AO PAZO DE OCA (17/10/2018)

   O alumnado de Primaria participou hoxe nunha excursión a Santiago de Compostela e ao Pazo de Oca.

   Pola mañá asistimos ao Concerto Didáctico Son, música e acción! do Trío Casperkev no que nos ensinaron a relación entre a música, o son, a imaxe e a acción a través da música en directo e de escenas de películas coñecidas para o alumnado e outras non tanto:

Ten o mesmo sentido unha escena acompañada dunha música ou dotra?

Cal era a función da música no cine mudo? e hoxe en día?


   Foi un concerto moi participativo no que os nosos alumnos puideron saír ao escenario a poñerlle música a unha escena da película Charlot boxeador (The Champion, 1915) e a imitar ao propio Chaplin coa música en directo do piano... ata saíu a profe Lorena ao escenario!

 

   Despois comemos na Residencia Universitaria O Burgo das Nacións e puxemos camiño ao Pazo de Oca onde divididos en dous grupos coñecimos a súa historia, a súa capela e os seus maxestuosos xardíns inspirados nos xardíns do Palacio de Versalles.

  

   Divertímonos nos labirintos e atopamos un montón de personaxes dos contos clásicos entre as figuras  dos mesmos.

 

    Ademais, con pequenas dramatizacións, coñecemos os foros ou contratos da época medieval nos que entre o señor feudal e os campesiños se chegaba a un acordo de pago anual (cereais, crías de animais...) e de duración do contrato (neste caso duraría a vida de tres reis de España) do que tomaba nota o señor Notario.

   

 Para ver máis imaxes  da excursión: GALERÍA  DE  IMAXES