SAMAÍN 2018
Para a celebración de Samaín e Halloween desde a biblioteca preparamos un montón de actividades:
- Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos
- Contos de medo que máis que medo, dan risa do contacontos Pedro Brandariz e que podedes recordar no seguinte enlace:
- Lecturas de medo relacionadas con esta época do ano que se estiveron durante toda a semana no expositor da entrada á biblioteca.
- Certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria. Neste certame, dámoslle ao alumnado o principio dun libro para que eles reinventen a historia; este ano os libros propostos foron Operación Frankestein de Fermín Solís para 3º e 4º de Primaria e Mortiña de Bárbara Cantini para 5º e 6º.
Pola tarde, os gañadores do certame de creación literaria foron os protagonistas das Lecturas de medo lendo as súas historias ao resto do alumnado.
Ademais nestas lecturas de medo, cantando a canción do Samaín de Mamá Cabra do seu disco
NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER O RESUMO DAS ACTIVIDADES