CONTOS DE MEDO QUE DAN RISA (29/10/2018)
Comezamos o Samaín cunha actividade de animación á lectura subvencionada polo Concello de Sober, o contacontos de Pedro Brandariz: Contos de medo que dan risa.
Durante esta sesión de contacontos, puidemos escoitar a historia da pantasma cataplasma (versión do conto Un fastama en apuros de Laura Gallego) escenificada por algúns alumnos do centro e Xaime e as landras de Tim Bowley.
Antes de rematar, aínda houbo tempo dalgún truco de maxia que nos deixou abraiados!!
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO E A PEDRO BRANDARIZ
POR ESTA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA TAN DIVERTIDA!!