III ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO (16/10/2018)

    Hoxe participamos na III ANDAINA ESCOLAR polo CAMIÑO DE INVERNO organizada pola Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra para divulgar este camiño entre os escolares.

    Nesta andaina eramos uns 1000 alumnos da nosa comarca e outras comarcas veciñas pertencentes a 20 centros escolares :

CEIP de Quiroga, Colegio Escolapios, CPR Plurilingüe Fed Torre de Lemos, Colegio Ferroviario, Colexio Novo, CEIP A Gándara, IES Daviña Rey, IES Río Cabe, Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos, CEIP de Bóveda, CEIP A Pobra Do Brollón, CEIP Currelos, CEIP Eloisa Rivadulla, CEIP Xoan de Requeixo, IES Val do Asma e, por suposto, o noso!!

 

   A saída foi en San Paio de Diomondi en O Saviñao, onde comezamos a andar aínda coa néboa da mañá sobre nós.

 

     A partir de ahí percorremos un tramo costa abaixo que discurre por unha calzada romana con vistas aos codos de Belesar entre bancais e viñedos.

   

     Cruzando o río Miño por Belesar atopámonos cunha pendente ascendente bastante acusada de 1,5 km ata que chegamos a Adega Vía Romana onde fixemos unha parada tomar un aire e un refrigerio aportado pola organización. Na Adega estaba unha unidade de Onda Cero facendo o seu programa en directo e tamén Televinte gravando un programa especial.

   

     Cun último esforzo, tamén costa arriba, chegaos ao destino final: San Pedro de Líncora!

 

    Desde o centro queremos rematar este resumo da actividade de hoxe FELICITANDO  A  TODO  O  NOSO  ALUMNADO  que foi quen de rematar os 6 km de percorrido sen importar as súas duras características!

ESTAMOS  MOI  ORGULLOSAS  DE  VÓS!!

PARABÉNS  POLO  VOSO  ESFORZO  E  POLO  VOSO  EXEMPLAR  COMPORTAMENTO!!

 MÁIS  IMAXES