DÍA DO LIBRO (23/4/2018)
O día 23 de abril, celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor dende que a Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en 1995, aprobou esta data co obxectivo de “fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor”
Escolleuse este día xa que é a data na que faleceron autores como Cervantes, Shakespeare ou Inca Garcilaso de la Vega.
Cada ano, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia fannos chegar un díptico conmemorativo cun texto agasallado por un galego ou unha galega relacionada co mundo dos libros e das bibliotecas.
Este ano o texto é de Fran Alonso, escritor, editor e periodista; que facendo uso da ironía explícanos algúns dos efectos da lectura.
No seguinte podcast, podedes escoitar a Pablo, Brais, Adrián, Xoán e Valentina no programa radiofónico adicado a este día.