Eventos
Achégase o Día da Biblioteca e xa estamos preparando un montón de actividades para conmemorar esta data durante toda a semana:
Recordaremos os servizos, a organización e as normas de funcionamento da biblioteca
que ademais destas todas actividades temos reservada algunha sorpresa....
Nesta viaxe para asistiremos á adaptación infantil da ópera "Guillermo Tell" e faremos unha visita ao Parlamento de Galicia.
A saída do colexio será ás 9:45 horas e o regreso ás 20:00 da tarde, polo que as familias deberedes recollelos a esa hora.
O custo da viaxe é de 10 €.
O colexio levará a comida; os alumnos só teñen que levar merenda de media mañá se o desexan.
Preferiblemente o alumnado que o teña levará o chándal e a camiseta do colexio.
Chega novembro e con el chega tamén a celebración de Samaín e Halloween.
Desde o centro propóñense varias actividades para a próxima semana:
- Exposición de cabazas ou outros obxectos terroríficos que queirades traer das vosas casas.
- Lecturas de medo relacionadas con esta época do ano que se encontrarán no expositor da entrada á biblioteca.
- Certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria. Os gañadores deste certame, lerán as súas historias ao resto de alumnos.
O venres día 3 pola tarde, celebraremos o magosto do colexio.
O alumnado que queira colaborar, pode ir traendo castañas picadas durante toda a semana.