Radio
HIXIENE E SAÚDE BUCODENTAL (23/5/2018)
A hixiene e a saúde bucodental é algo imprescindible para o noso alumnado; por iso, nos pareceu unha boa idea a que nos propuxo a madriña de Lucía: vir a falarlles aos nenos sobre o seu traballo na Clínica Dental Marga e a importancia do cepillado para conciencialos sobre este tema.
Co alumnado de infantil, Sonia Díaz e Marga González fixeron fincapé na importancia do cepillado e déronlles técnicas apropiadas a súa idade que seguro que xa non se lles olvidan pero, por se algún se despista, poden escoitar de novo a canción que lles ensinaron.
Ao alumnado de primaria déronlle unha expliación máis completa e despois foron enxuaguando a boca cun enxuague que tingue de azul as partes onde hai suciedade para que visen se a súa dentadura estaba limpa ou non. A continuación lavaron os dentes poñendo en práctica o aprendido con especial coidado nas zonas máis azuis.
Para rematar a actividade, Marga e Sonia repartíronlles uns agasallos e fixeron un sorteo duns lotes de produtos de hixiene dental.
Tamén entregamos uns chaveiros con forma de moa impresos na 3D así cada vez que os nosos alumnos/as os vexan recordarán o que falamos hoxe.
Antes de marchar, as nosas invitadas pasaron por Radiuvín para deixar constancia de todos os consellos que nos deron e falarnos da súa experiencia.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
I ESCALEIRA LITERARIA (12/5/2018)
O sabado día 12 de maio, celebrouse no Centro Sociocultural de Sober a I Escaleira Literaria, un acto poético musical dedicado a María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.
O acto comezou coa lectura e relatos de poemas con acompañamento instrumental. Participaron Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González, Xosé Lois García e a nosa directora Montse Rodríguez.
Tamén participaron o grupo musical O Trícole, a Escola Municipal de Teatro e Sara González que interpretou un poema con danza. Rematou o acto o alcalde Luis F. Guitián.
Para falarnos deste acto, tivemos nos estudios de Radiuvín a Moncha Prieto, Eva Ferreira e Neus Canadell.
Moitas grazas por concedernos esta entrevista!!
RADIO NA BIBLIO: CORTINAS (14/5/2018)
Como montamos o estudio de radio nunha zona do corredor onde non había aula, as ventás tampouco tiñan persianas. Esto facía que polas mañás fora difícil traballar alí xa que o sol entraba de pleno e reflexaba demasiado.
Por iso, unha das nosas familias coseu para nós unhas cortinas que xa penduran das paredes do noso estudio e fan que sexa máis doado traballar alí.
MOITAS GRAZAS!!!
ENTREVISTA GEMMA PIÑEIRO (11/5/2018)
Hoxe tivemos no colexio a visita dunha futura mestra, Gemma Piñeiro, que quixo achegarse ata aquí para coñecer máis de cerca o noso centro e a nosa forma de ensinar.
En Radiuvín, non queriamos deixar pasar a oportunidade de indagar na opinión que se levaba do colexio.
AS FAMILIAS CONTAN EN RADIUVÍN (10/5/2018)
Hoxe estrenamos en Radiuvín unha nova sección para a nosa radio: As familias contan en Radiuvín. Esta sección é unha variante da actividade As familias contan que sen ven desenvolvendo desde fai varios cursos na biblioteca do colexio.
Estrenamos programa co recitado do conto en verso Can Branco, can negro do libro Eu conto, ti cantas... de María Victoria Moreno; autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
Moitas grazas as familias de Carlota, Iria, Laura G., Valeria, Mara e dos irmáns Pablo e Hugo, Héctor e Darío, Laura e Lucas e Mencía e Candela!!
Esperamos volver a escoitarvos pronto nesta radio!!
LETRAS GALEGAS 2018: ORIXE E BIOGRAFÍA DE MARÍA VICTORIA MORENO (4/5/2018)
Acaba de comezar o mes de maio que é o mes no que celebramos o Día das Letras Galegas.
Para conmemoralo iremos contándovos durante todo o mes cousas curiosas sobre este día e sobre María Victoria Moreno que é a escritora homenaxeada este ano.
Neste primeiro programa das Letras Galegas 2018, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fálanos sobre a orixe desta conmemoración e cóntanos a biografía de María Victoria Moreno que está publicada na páxina do Seminario Galán: seminariogalán.org
Escoitade atentos!!
CHAFARÍS (27/4/2018)
Para rematar a Semana do Libro, temos ás biblioaxudantes Verónica e Laura Rodríguez, que esperaban aos seus apadriñados no escenario do Salón de Actos co libro Chafarís de Xoán Neira e Ánxeles Ferrer (Ed. Émbora) para recitar varios dos seus poemas.
Podes escoitar os poemas recitados no seguinte podcast:
NICOLÁS VA A LA BIBLIOTECA (26/4/2018)
Seguimos coa semana do Libro, para hoxe xoves temos a Francesca, Henry e Ángel que escolleron para os apadriñamentos lectores o libro Nicolás va a la biblioteca, que nos recorda todo o que podemos facer nela. Este libro está escrito pola Asociación BATA (Asociación de Tratamento do Autismo) (Ed. Kalandraka)
Se vos tamén queredes saber todo o que se pode facer nunha biblioteca, podedes escoitar a historia de Nicolás no seguinte podcast:
QUIERO UNA MAMÁ ROBOT (25/04/2018)
Seguimos coa Semana do Libro, nesta ocasión co grupo de padriños formado por Aitana, Laura Melinda e Héctor. O seu libro era Quiero una mamá robot de Davide Cali (Ed. Laberinto).
Para esta lectura, eles mesmos fixeron os títeres cos personaxes desta historia.
No seguinte podcast podes escoitar esta narración:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »