2021/2022
VISITA DE ROMÁN RODRÍGUEZ, CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade) estivo hoxe no noso centro educativo acompañado de María Carmen Gueimunde González (Xefa Territorial), de Raquel Arias Rodríguez (Parlamentaria e ex-alcaldesa do noso Concello) e de Luis Fernández Guitián (Alcalde do Concello de Sober e Presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra) para presentar as obras de mellora de eficiencia enerxética que realizará a Consellería no colexio dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica por valor de 260.400 €: renovación de ventás e persianas, cambio de fluorescentes por luminarias LED, substitución dos radiadores de chapa por outros de aluminio, instalación de tarima flotante no salón de actos e a colocación dunha rampla de acceso para mellorar a accesibilidade ao centro.
Para rematar esta visita o Conselleiro e o noso alcalde pasaron polos estudos de Radiuvín onde Lucía Rodríguez e Lucas Rodríguez puideron facerlles unha entrevista na que falaron das obras pero tamén de moitos outros temas: a escola rural, a importancia da cultura e das bibliotecas, as súas profesións, as escavacións de Proendos... Podedes escoitar toda a entrevista no seguinte podcast:
Ademais queremos compartir as verbas que Román Rodríguez nos adicou no libro de firmas xa que son verbas que inclúen tamén ás nosas familias.
Se queredes ampliar a información desta visita, podedes acceder á reseña publicada na páxina da Xunta de Galicia.
Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta co ensino rural |
Imaxes: Xunta de Galicia
A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA (Texto: Asesoría Bibliotecas Escolares)
Xa coñecemos o lema escollido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2021/2022 que quere poñer o foco na palabra e na oralidade:
A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA
Imaxe: Pablo Otero |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8