Entroido
XOVES DE ENTROIDO
Parece mentira que rápido pasa o tempo...
Os nosos alumnos e alumnas parecían raparigos cheos de vida fai uns días e agora...mirádeos!
Están feitos uns velliños que nin sequera poden poñerse dereitos...
MÉRCORES DE ENTROIDO
Outro día de entroido!!
Con este tempo que temos, os nosos velliños e velliñas tiñan moito frío estes días.
Que mellor que unhas toquillas e uns chalecos para abrigarse?
Por certo, o noso estudiante misterioso de onte demostrounos que ademais de saber moito inglés tamén se lle da moi ben a ortografía e se non o credes, mirade que ben lle saíu este ditado que colgou no seu chaleco:
MARTES DE ENTROIDO
Seguimos de entroido!
Hoxe engadímoslle aos nosos disfraces os mandiles e polainas.
Ademais mirade que apañadiños son os nosos alumnos e alumnas, que fixeron os seus complementos con materiais de refugallo.
Vistedes algunha vez unha flor de mondas de patata?
Pois fixádevos a ver si a vedes no mandil dalgunha velliña.
Encontrástedes a flor pataqueira?
Aquí tedes outro misterio:
Quen será o neno que sabe tanto inglés?
Seguro que a profe Montse está moi orgullosa do seu alumno.
LUNS DE ENTROIDO
Comeza o entroido!
Aquí nos tedes todos guapos e todas guapas coas nosas pañoletas e as nosas boinas.
ENTROIDO 2013: EXIPCIOS
Chegou o día grande do entroido no colexio, día para o que levamos traballando moito tempo.
O primeiro que fixemos foron os nosos traxes reutilizando moitos materiais:
- Con bolsas de plástico brancas fixemos as túnicas e con bolsas de plástico negras recortadas en tiras fixemos unhas fermosas perrucas
- Con anacos de cartolinas recortadas con forma de círculo facemos as pedras preciosas coas que adornar os nosos traxes: esmeraldas, zafiros, rubís...
Para ambientar o noso desfile tamén fixemos unha pirámide; para iso organizamos unha campaña de recollida de briks de leite que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. A unha base de cartón, unímoslle uns tubos redondos que utilizamos como asas para o transporte e sobre o cartón fomos pegando os briks para facer a pirámide. Despois pintámola de dourado para ter a pirámide máis fermosa de todo Exipto:
Ao final, parecemos exipcios de verdade:
Antes de saír bailamos para os pais e nais que se achegaron ata o colexio para acompañarnos a danza "Walk like an egyptian" (The Bangles). A continuación, desde o colexio fomos desfilando ata a praza do concello onde voltamos a bailar a danza e o concello obsequiou a cada neno cunha bolsa de chuches.
Á hora de voltar tiñamos previsto visitar a Residencia de Anciáns; pero empezou a chover... por iso, os nenos de Ed. Infantil tiveron que marchar directamente para o colexio
E despois de tan larga mañá nada mellor que un bo cocido preparado pola nosa cociñeira para recuperar forzas.
ENTROIDO 2013: SEMANA ADICADA AO ENTROIDO
O entroido é unha época idónea para deixar voar o noso maxín; por iso, queremos que os nenos deixen voar a súa imaxinación e elaboren complementos para gozar do entroido a partir de materiais de refugallo.
O luns comezamos con complementos para o pescozo; a premisa son lazos e pañoletas e estas son as propostas dos nosos alumnos:
O martes engadimos as luvas. Mirade algunhas das luvas ben adornadiñas:
O mércores tamén trouxemos perrucas e hai que ver o favorecidos que estaban todos os nenos e nenas!
Sobre todas, destacan as perrucas feitas ou adornadas na casa: que bonitas! e que traballiño!
O xoves rematamos a semana adicada ao entroido traendo as batas de casa:
Hai algunhas moi bonitiñas:
ANTIFACES MUSICAIS
Esta é a semana do entroido e a clase de música quere unirse a esta celebración elaborando cos máis cativos uns antifaces musicais.
Os antifaces teñen como protagonista á tuba, un instrumento de vento-metal pouco coñecido que é o máis grave da súa familia.
Se queres saber máis sobre este instrumento preme aquí e se queres escoitalo para saber como soa podes ver este vídeo dun cuarteto musical moi famoso MELTON TUBA QUARTETT interpretando un fragmento da obra Guillermo Tell composta por Rossini. Ademáis neste cuarteto aparece o bombardino, outro instrumento da familia de vento - metal pouco coñecido.
ENTROIDO 2012: O BOSQUE DO CEIP VIRXE DO CARME
O entroido é unha das épocas máis divertidas do ano: disfraces, desfiles, festas...
Nós queremos disfrutar do entroido o máximo posible por iso durante toda a semana imos empezando a disfrazarnos con cousiñas feitas por nós con materiais de refugallo: antifaces, gafas, perrucas, sombreiros, toucados, coloretes, delantais...
E para o desfile, tamén con mateirais de refugallo, facemos un marabilloso bosque:
os nenos e nenas de infantil son os elfos e as fadas do bosque,
os nenos do 1º ciclo son os frutais
e os de 2º e 3º Ciclo son as árbores máis reais do noso bosque xa que están feitos con follas secas.
Ademais preparamos unha obra de teatro para representar no centro e na praza do noso concello. Con ela queremos concienciar a toda a xente que nos escoite sobre a importancia de repetar e coidar os nosos bosques; e para que non se olviden do que escoiten, repartiremos a tódalas persoas unhas pequenas árbores con mensaxes de respeto á natureza.
ENTROIDO 2011: IMOS DE VODA!!
Chegou o entroido!
Levamos toda a semana preparando as nosas mellores galas para asistir á voda que imos celebrar no colexio: un gran acontecemento social ao que asistimos moi elegantes aínda que con traxes feitos por nós con mateiriais de refugallo.
Estades todos convidados!
ENTROIDO 2010: OS NOSOS GAITEIROS
Este ano disfrazámonos de gaiteiros para espallar música e alegría por todo o colexio.
A que estamos moi guapos?
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8