2021/2022
"COMPRENDO O QUE LEO" E "TÉCNICAS DE ESTUDO" (11-11-2021)
A través da ANPA todo o alumnado do centro participará durante dúas sesións mensuais neste proxecto para mellorar a comprensión e o traballo coa información incluíndo conceptos como os condicionantes físicos e psíquicos do estudo, técnicas de estudo (esquema, resumen, mapa conceptual...), organización e planificación das tarefas, comprensión e eficacia lectora, motivación cara o estudo...
O obxectivo é que o alumnado desenvolva un programa de técnicas de estudio integral que lle permita adquirir e desenvolver estratexias de atención cognitivas e metacognitivas, valores, actitudes e capacidade de traballo e reflexión.
As seguintes imaxes pertencen á primeira sesión realizada o xoves 11 de novembro, esperamos que o noso alumnado lle saque moito proveito a estes talleres!!
CIENCIA EN GALEGO: LÁMPADA DE LAVA - 5º E 6º (8/11/2021)
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, este mes pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia en galego.
O obxectivo desta conmemoración é mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescudas e divulgación científica.
Por esta razón, durante todo o mes estivemos a facer diferentes experimentos. Neste caso o alumnado de 5º e 6º de Primaria creou unha lámpada de lava. Mirade atentamente!
VIVA MÉXICO LINDO E QUERIDO! (Outubro 2021)
CIENCIA NA BIBLIOTECA: ESLACTITAS - 1º e 2º PRIMARIA (17/11/2021)
Para o mes da ciencia en galego o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou a súa propia estalactita...
parece incrible, non si?
Pois non perdades detalle do seguinte vídeo no que nos explican todo o proceso.
E agora, se queredes saber máis sobre as estalactitas, só tedes que ver e escoitar aos nenos e nenas de 1º e 2º contándovos moitas cousas sobre elas.
SAMAÍN - 2021
Tampouco pode faltar a exposición de Lecturas de medo relacionadas con esta época do ano que estivo durante toda a semana no expositor da entrada á biblioteca.
Pola tarde tivemos unha sesión de contacontos coa narradora Teresa Grau na que xs cativxs escoitaron historias propias desta época.
E, por suposto, o Certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria que xa se está convertendo nun clásico. Neste certame, dámoslle ao alumnado o principio dun libro para que eles reinventen a historia; este ano os libros propostos foron Raquel ten medo para 3º e 4º de Primaria e Fantasmas no corredor para 5º e 6º, ambos de Agustín Fernández Paz.
Nos seguintes enlaces podedes ler os relatos gañadores aínda que todxs xs participantes levaron un agasallo polas súas terroríficas creacións xa que todas eran arrepiantes.
DÍA DA BIBLIOTECA (22-10-2021)
O día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, como este ano coincide a domingo, quixemos adiantar esta conmemoración que nesta ocasión destaca o papel das bibliotecas como espazos para LER, APRENDER e DESCUBRIR.
Nesta data abrimos oficialmente a biblioteca e comezamos levando a cabo unha formación de usuarios inicial na que recordamos aspectos básicos da organización da biblioteca como o protocolo Covid-19 e a CDU.
Para os máis cativos do cole contamos coa axuda de Caillou:
Como este ano seguimos sen poder facer a Hora de Ler na biblioteca, despois da formación de usuarios cada grupo puido escoller varios libros para encher a caixa de lectura da súa biblioteca de aula que xa contaba con algúns libros escollidos polo Equipo de Biblioteca e cos cadernos de lectura.
Outra das cousas que nos gusta moito desta data é a colaboración co Colectivo Lemos Le, xa que nos permite facer actividades conxuntas coas outras bibliotecas escolares da comarca e tamén coas Bibliotecas Públicas Municipais. Este ano editamos un punto de lectura cun texto agasallo para o colectivo da escritora Noa Moreira de A Pobra do Brollón e participamos nunha entrevista na que ela respondeu ás preguntas que lle formularon usuarios de diferentes bibliotecas.
"Cando ía facer seis anos chegou ao Cole da Pobra un director novo. Paco Castro abriunos a biblioteca do centro a tódolos nenos e nenas coma unha fiestra a outro mundo.
Recordo perfectamente que o primeiro libro que lin falaba de bonecas matrioskas que querían unha familia. E na miña memoria quedou prendido que a última boneca se chamaba Noa, a máis pequeniña, pero non era así. Seguramente soñaba con ser tamén eu unha boneca de madeira rusa.
Máis tarde, viaxei á lúa con Sabela, da man do libro A fantástica viaxe de Sabela, de Euloxio R. Ruibal, un agasallo do colexio por un conto que escribín. Fascinada é pouco con tódalos seres que habitaban un lugar que me parecía tan lonxano e tan cercano á vez e que me gustou e me deu medo ao mesmo tempo dende que era pouco máis ca un bebé.
Recordo estes dous libros como algo especial: ensináronme que os libros conteñen tódolos lugares nos que quero estar, tódalas cousas que quero saber e tódolas palabras que aínda non coñezo".
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!!
DÍA DAS BIBLIOTECAS (22-10-21)

VIAXAMOS A XAPÓN (Setembro 2021)
Durante o mes de setembro, os alumnos/ as de 5º e 6º recibiron os seus billetes para viaxar a Xapón.
Cada semana, foron aprendendo cousas tan interesantes como que Xapón é un país que se atopa no continente asiático, que está formado por 6.852 illas, que realizan unha cerimonia do té, que celebran unha festa baseada na floración da cerdeira, que o seu deporte nacional é o sumo, que os xaponeses levan unha vida moi sa e tranquila...
Ademais, puideron probar no comedor un doce típico xaponés chamado " mochi" e en plástica fixeron unhas manualidades relacionadas co país nipón.
Ao final do mes, todos pasaron un quizizz final sobre Xapón que lles permitiu gañar un amuleto xaponés que lles axudará a superar este curso escolar.
Cal será o próximo país que visitarán os nosos alumnos/as de 5º e 6º?
DÍA DAS ESCRITORAS: OLGA NOVO (18-10-21)
Para conmemorar o Día das Escritoras, as bibliotecas que formamos o colectivo decidimos dedicar este día á escritora da nosa comarca María Olga Novo Presas (Vilarmao, 1975) pola súa importante traxectoria literaria.
Este ano a comisaria da conmemoración é a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema escollido "ler as idades da vida", por isto as diferentes bibliotecas afondamos no seu texto O pequeno petrucio e a naiciña nena no que comparte lembranzas da infancia.
Cada biblioteca traballou o texto durante varios días desde perspectivas diferentes: lectura, tradución, ilustración, investigación...
Nós fixemos un traballo de reflexión e investigación sobre os xoguetes da infancia: a que xogaban os meus avós e as miñas avoas? E o meu pai e a miña nai? Cal era o meu xoguete preferido cando era cativo? Cal é agora?
Podedes ver o resultado do noso traballo e o de todas as outras bibliotecas a continuación.
FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS!!
VACACIÓNS NO MAR - TÍTERES DE LEVUA
O Departamento de Cultura do Concello de Sober a través do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia, tróuxonos hoxe ao centro a Ton Arenas de Mircromina Teatro de Títeres representando a súa obra Vacacións no mar.
Nesta obra o alumnado de Infantil e Primaria coñeceu a Marina á que lle encantaría viaxar polo mundo, a Moncho que ten un veleiro chamado "Ovos con patacas" e ao pirata Ollo Virollo que se apoderou da nave de Moncho.
Despois desta obra tan divertida, @s maiores puideron coñecer como funciona por dentro un teatrillo de títeres da man de Ton que lles explicou aspectos como a colocación dos elementos que utilizou, o movemento das mans para darlle vida aos títeres e os materiais dos que están feitos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »