Entroido
ENTROIDO 2015: COIDA A TÚA SAÚDE
Durante toda a semana tratamos de fomentar o deporte no noso alumnado, para iso viñemos toda a semana vestidos con roupa deportiva.
Ademais, quixemos aproveitar para facerlle unha pequena homenaxe ao noso profesor de Educación Física, José Manuel Álvarez; que se xubilará ao rematar este curso.
Mirade a ovación que lle adicaron os nenos e nenas
COMADRES
Hoxe é xoves de comadres; e aquí nos tedes ás profes e Mari Luz facendo deporte:
Un, dous, un, dous, un, dous!
Máis fotos das comadres no álbum do entroido
ENTROIDO 2015: COIDA A TÚA SAÚDE
Despois de tanto deporte que estamos facendo, non poden faltar os exercicios de estiramento; non vaia ser que nos dé unha cambra ou mañá teñamos maniotas.
E mentres estiramos podedes ver como locen os nosos pés coas zapatillas de diferente par.
MÁIS DEPORTE
Seguimos equipándonos para facer deporte: hoxe os nenos viñeron con pantalóns curtos e as nenas con leggins e calentadores.
A equipación deportiva xa vai collendo forma!!
Aquí podedes ver dous nenos entregados ao deporte lucindo pantalóns cortos sen importarlles o frío. Iso sí, teñen os pelos das pernas como escarpias.
ENTROIDO 2015: COIDA A TÚA SAÚDE
Este ano o tema do entroido é COIDA A TÚA SAÚDE.
Por unha banda, adicamos o día grande do entroido a concienciar ao noso alumnado da importancia de comer de forma saudable e por outra banda, pola semana tratamos de fomentar o deporte no noso alumnado.
Por iso, hoxe empezamos traendo unhas cintas deportivas que recollan a suor da nosa fronte.
Ademais, coma sempre; intentamos que esta época de festa tamén nos axude a crear conciencia da importancia de coidar o medio ambiente e así podedes ver como moitas destas cintas están feitas ou adornadas con material de refugallo e obxectos cotidiáns: calcetíns, botóns, restos de papeis, cordóns de zapatillas deportivas...
CHEGA O ENTROIDO A CLASE DE INFANTIL
Comezamos a semana de entroido na clase de infantil e que mellor para comezar que...
uns bonitos antifaces?
e unha alegre canción?
SEMANA DE ENTROIDO 2015
Enviado por floragrande o Ven, 06/02/2015 - 17:22ENTROIDO 2015: COMPADRES
Xa está aquí o Entroido e a súa primeira aparición faina en forma de compadres.
Mirade que guapiños están os nosos profes:
O NOSO RÍO
Último día de entroido no colexio!
Este ano o Programa Voz Natura está adicado ao coidado dos ríos e do mar. Por iso, aproveitando o traballo que estamos a facer desde o centro para concienciar aos nosos alumnos da importancia de coidar os nosos ríos e a súa auga; quixemos que este tema fose o protagonista do noso desfile.
Para iso, os nenos e nenas do PAI, os de Educación Infantil e os de 1º ciclo, foron o noso río:
Para iso luciron os peixes e anguías que fixeramos cos briks de leite:
Os nenos de 2º e 3º ciclo foron os pescadores
E as profes unhas grandes troitas:
Aínda que fixo unha mañá bastante fría, atrevémosnos a baixar desfilando ata o Concello onde nos deron unhas chuches para todos os participantes e ademais bailamos a Canción do río que podedes escoitar no seguinte enlace:
De volta no colexio, os nosos pescadores explicáronnos moitas cousas: a importancia da auga, de onde viña a auga dos ríos, o ciclo da auga e ademais moitas cousas sobre os ríos da nosa comarca.
E tras estas marabillosas explicacións, chega a hora de comer pero non sen antes deixarvos unha foto dos nenos do cole:
O entroido remata no centro pola tarde co momento do disfraz libre cando o colexio se enche de princesas, piratas, guerreiros, pallasos... un sin fin de personaxes que poñen o punto final ao noso entroido.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »