Nadal
VISITA DE PAPÁ NOEL
Enviado por floragrande o Xov, 17/12/2015 - 16:25HORA: 12:00
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO
FESTIVAL DE NADAL 2015
Enviado por floragrande o Xov, 17/12/2015 - 16:24HORA: 14:30
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO CENTRO
A NOSA ÁRBORE DE NADAL - 2015
Chega o Nadal e como cada ano queremos adornar a nosa árbore con adornos feitos por nós mesmos con materiais de refugallo. Este ano empregamos páxinas de xornais.
O primeiro foi facer uns ruliños con cada páxina, despois trenzalos entre eles e a continuación darlles forma alongada ou circular.
Unha vez que temos os adornos feitos, só queda darlles un pouco de cor e colgalos.
FESTIVAL DE NADAL SOLIDARIO 2014
Coas vacacións de Nadal xa comenzadas, celebrouse o festival benéfico na Casa da Cultura de Sober no que colaboraron os nenos e nenas do colexio, da Escola de Música e a Banda de Música de Sober.
Neste festival recolléronse alimentos praa repartir entre as familias mais desfavorecidas do Concello.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Como podedes ver deste festival tampouco temos moitas imaxes e ningunha gravación; polo que se algunha familia ten na súa casa fotos ou gravacións; agradeceriamos que as compartise con nós.
FESTIVAL DE NADAL
Chega o Nadal e con el chegan as vacacións e o noso festival.
Este ano preparamos actuacións navideñas un pouco diferentes; cambiamos as panxoliñas tradicionais por versións de Nadal de temas coñecidos.
Esperamos que vos gustase moito o noso festival xa que estivemos moito tempo ensaiando.
Aquí tedes un resumo das nosas actuacións:
- ED. INFANTIL: "Navidad Rock"
- 1º CICLO: "Oh, Maria!" (ABBA)
- 2º CICLO: "Vamos todos contentos" (Charlestón)
- 3º CICLO: "Navidades con Cha - cha - chá"
- PRIMARIA: "Jingle bells" (Panxoliña cantada en inglés)
- TODO O CENTRO: "La bamba navideña"
Esperamos que disfrutarades moito coas nosas actuacións e se queredes recordalas podedes ir a GALERÍA DE IMAXES ou premer nos seguintes enlaces:
VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS:
- NAVIDADES CON CHA - CHA - CHÁ
Como podedes ver non temos moitas imaxes nin tódolos vídeos do festival; polo que se algunha familia ten na súa casa fotos ou gravacións; agradeceriamos que os compartise con nós.
VISITA PAPÁ NOEL 2014
No derradeiro día de cole de 2014, antes das vacacións, os nenos e nenas do colexio e os máis pequenos do PAI recibiron unha visita especial: PAPÁ NOEL!
Todos estaban moi emocionados pois xa levaban varios días esperando a que chegara, foi un momento moi fermoso e ledo no que os nenos e nenas puideron falar con el ademais de recibir unhas chuches.
No seguinte enlace podes ver algunhas das imaxes desta visita:
AGASALLO DA ANPA
A ANPA (Asociación de Nais e Pais) repartiu a todos os nenos e nenas do noso colexio un agasallo de Nadal.
Para repartir este agasallo, unha nai representante da asociación, achegouse ao noso colexio o último día de lectivo de 2014 e clase por clase foi repartindo as camisetas co nome do noso centro.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO AGASALLO!!
A ÁRBORE DE NADAL
Este ano estamos de noraboa na nosa biblioteca porque acabamos de entrar no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por iso, quixemos adicarlle a nosa árbore de Nadal á Biblioteca, e de forma representativa, fixemos esta fermosa árbore de Nadal de Letras.
Iso sí, sen olvidarnos da importancia que ten a reciclaxe polo que as letras están feitas cos cartóns de caixas de galletas, cereais... que trouxeron os nenos e nenas das súas casas.
POSTAIS DE NADAL
O pasado venres, os nenos e nenas do colexio que acudiron á Biblioteca Municipal, recolleron un premio pola súa participación no certame de postais de Nadal.
Estas postais foron elaboradas dentro do programa Voz Natura con materiais de refugallo e reutilización.
As postais de Infantil foron elaboradas con restos de papeis de cores, botes de iogur e plastilina que estaba mesturada. Con estes materiais fixéronse unhas árbores de Nadal nas que os nenos escribiron as súas mensaxes. Por estas postais recibiron un xogo de pezas.
As postais de 1º ciclo foron feitas con botóns que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Como premio levaron un xogo de parchís xigante.
Por último, as postais de dos nenos e nenas de 2º ciclo que foron elaboradas con restos de papeis de cores troquelados en forma de círculo. Con estes círculos fixéronse as árbores de Nadal que adornaban as postais. O seu agasallo foi un puzzle.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »