2021/2022
SEMANA DA MÚSICA - 2021: INSTRUMENTOS DE VENTO
Como xa vén sendo tradición, polo mes de novembro coincidindo co día de Santa Icía, celebramos a Semana da Música que este ano cumpre 9 edicións.
CIENCIA NA BIBLIOTECA: DEBUXOS FLOTANTES - 3º/4º PRIMARIA (29/11/2021)
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi capaz de facer que os seus debuxos flotasen!!
A que parece maxia? Pois non o é! Todo ten unha explicación científica!
Se queredes saber cal é, convidámosvos a que vexades cal foi o experimento que fixemos para conmemorar que novembro é o mes da ciencia en galego na biblio.
CIENCIA NA BIBLIOTECA: RECTAS E ÁNGULOS MOI ORIXINAIS (29/11/2021)
O alumnado de 3º de Primaria está a estudar na materia de Matemáticas as rectas e os ángulos.
Ás veces os contidos matemáticos son un pouco complicados de entender, pero non podemos esquecer o importante que son para poder desenvolvernos de manera autónoma no noso día a día.
Aprendemos cales son os tipos de rectas e ángulos dunha maneira moi orixinal: CO NOSO CORPO!
SANTA ICÍA - SEMANA DA MÚSICA 2021
Como xa vén sendo tradición, polo mes de novembro coincidindo co día de Santa Icía, celebramos a Semana da Música que este ano cumpre 9 edicións.
25-N PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO (25-11-2021)
O 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Para loitar contra ela e sensibilizar ao noso alumnado, escollemos o libro Peúgo, o calcetín melenudo de Jessica Rodríguez.
Peúgo é un calcetín que vive só e como lle peta e se quere toca a trompeta.
Ao principio sentía que lle facía dano: pequenos empurróns que foron aumentando ata que se sentiu romper en anacos.
E que podemos facer cando temos problemas? Buscar algún adulto que nos axude; neste caso Peúgo encontra axuda na súa confidente Ramona, a lavadora que, farta de velo sufrir, decide tragar á súa parella.
Pero ao principio sigue sentíndose raro, para que serve un calcetín só e que aínda encima ten un furado? Para saber como remata esta historia escoitade atentos o podcast gravado polo alumnado de 6º de Primaria.
Despois de escoitar a historia, fixemos varias actividades. O primeiro foi unha pequena reflexión sobre a violencia que sufriu Peúgo para decatarnos de actitudes que poden facer dano a outras persoas e escribilas nun calcetín para que as tragara a lavadora Ramona.
Outra actividade foi un obradoiro de costura no que o alumnado de 5º e 6º de Primaria aprendeu a zurcir un calcetín para remendar o burato de Peúgo pois nenos e nenas en igualdade son quen de coser e arranxar un furado. E como el di: "se ninguén se encarga de arranxalo, o furado medra e podes chegar a desaparecer"
Tras este taller de costura, se do noso alumnado dependera, Peúgo tería o seu furado moi ben remendado!! Sobre todo tendo en conta que era a primeira vez de collían unha agulla!!
E para rematar, tamén quixemos darlle unha nova vida ao noso protagonista así que con calcetíns desparellos que @s nen@s trouxeron das casas, tod@s fixemos monicreques porque como di a historia, estar só non quere dicir que non servas para nada.
NOSOUTRAS - RELATOS FEMININOS
O documental NOSOUTRAS - Relatos femininos elaborado polo Concello de Sober proxectouse hoxe no Colexio de Sober.
Ata a nosa biblioteca achegouse Patricia González para falarnos da realización do proxecto e do seu significado xa que este documental é a segunda parte dun proxecto de igualdade que nace co obxectivo de homenaxear ás mulleres do mundo rural e de facer visibles as condutas machistas que xerminan neste contexto.
Unha actividade moi interesante e educativa que rematou coa reflexión do noso alumnado sobre unha muller da súa vida á que darlle as grazas; porque sempre é importante recoñecer o valor das persoas que nos rodean.
DO TRADI AO TRAP (23-11-2021)
Con este obradoiro de sensibilización en materia de igualdade e erradicación da violencia de xénero organizado pola ANPA, Branca Villares fixo reflexionar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre os contidos audiovisuais que a cotío vemos e escoitamos en cancións, anuncios, redes sociais, videoxogos...
A través da letra de cantigas de antes e de agora tratáronse conceptos como a cousificación das mulleres, a sexualización temperá, o machismo, os celos como forma de querer, o abuso, a intimidación, o acoso sexual...
Un obradoiro moi necesario xa que os nenos e nenas están expostos a este tipo de contidos e non sempre nos paramos a reflexionar con eles de maneira crítica sobre o que ven.
MOITAS GRAZAS Á ANPA POR ESTA ACTIVIDADE
E LEMBRADE PEDIR AXUDA ANTE CALQUERA SITUACIÓN DESTE TIPO
A UN ADULTO OU AOS TELÉFONOS
900333666 ou 116111
DÍA MUNDIAL DA INFANCIA (20-11-2021)
O 20 de novembro conmemórase o Día Internacional da Infancia xa que nesta data, en 1989, a ONU aprobou o texto da Convención sobre os Dereitos dos nenos e das nenas.
O texto consta de 54 artigos nos que se recollen os dereitos da infancia, as medidas de protección e os coidados que necesitan os menores de 18 anos.
Este ano no colexio decidimos centrarnos nos dereitos relacionados co dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento recollidos tamén nos obxectivos 2030.
RECEITAS SAUDABLES! ÑAM, ÑAM! (10-11-2021)
Na materia de Ciencias Naturais, os alumnos de 5º e 6º traballaron a alimentación e a importancia de levar unha dieta saudable para manternos sans.
Algúns durante a ponte de novembro animáronse a preparar unhas receitas do chef Juan Llorca especialista en alimentación infantil saudable e o resultado do seu esforzo recollémolo nun Genially que esperamos que vos anime a preparar as súas receitas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »