2016/2017

EXPOSICIÓN LOLA DE PENELAS

   Os traballos presentados ao III Certame Mulleres de Lemos na categoría de Banda Deseñada, xa están expostos no noso centro.

 
   Tamén as ampliacións coas imaxes máis destacadas de cada un deles.
 
 
 

DÍA DA BIBLIOTECA 2016

   O 24 de outubro é o Día da Biblioteca e, polo tanto, tamén é o día da nosa biblioteca que a partir de agora queda aberta no seu horario habitual para que todos os que queirades poidades acceder a ela.
 
  Para celebralo, vimos un vídeo no que Lectuvín nos deu a benvida e recordamos algunhas das actividades que fixemos o curso pasado:
 
   Tamén tivemos un divertido photocall con Lectuvín polo que pasamos tanto o alumnado coma o profesorado:
 
Podes ver todas as fotografías que fixemos, pinchando no seguinte álbum:
 
 
FELIZ  DÍA  DA  BIBLIOTECA!!!

BENVIDOS TAMÉN A UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA!!

   Comeza un novo curso escolar, o curso correspondente aos anos 2016/2017 e con el un novo lema e un novo cartel para a campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

      A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

    Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)

Distribuir contido