Entroido
ENTROIDO 2017
Enviado por floragrande o Ven, 17/02/2017 - 18:02COMANDAS DO MECO PARA O ENTROIDO 2017
O luns comezamos,
atención debes poñer,
luce sombreiro, perruca ou pano
que é o máis “fashion” este ano.
O martes está aquí
é día de prestado
colle de papá ou mamá
algo moi estrafalario.
O mércores maquillaxe,
hoxe podes escoller
pinta unllas e cara
ou ponte “tatoos” na pel.
O xoves viremos ao cole
moi guapos e guapas
no pescozo levaremos
fermosas gravatas
O VENRES É O GRAN DÍA;
O COLE É UN MUSEO!!
Obras contemporáneas ou doutros tempos:
literatura, danza, escultura,
música, arquitectura, teatro e pintura!
ÁS 12:00 VINDE TODOS AO COLEXIO
AS OBRAS DE ARTE SAEN DE PASEO!!
Pola tarde será o momento do disfraz libre; o alumnado poderá traer o disfraz que queira sempre que non sexa terrorífico ou que poida asustar aos máis cativos.
Tampouco se poden traer complementos cos que se poidan mancar: espadas, sables...
SUPERLECTORES!!
Calquera epoca do ano é boa para fomentar a lectura; e o entroido non ía a ser unha excepción.
I SEMANA GASTRONÓMICA DO CEIP VIRXE DO CARME: Degustación de doces
Despois de estar toda a semana cociñando, chegamos ao punto álxido desta semana gastronómica:
XORNADA DE DEGUSTACIÓN
Ademais de cociñar e comer, elaboramos un estupendo libro coas receitas destes doces que estará a disposición de todos e todas na biblioteca. Tamén podedes consultalo on-line, clickando na súa portada:
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS
POR PARTICIPAR NESTA XORNADA DE DEGUSTACIÓN
I SEMANA GASTRONÓMICA DO CEIP VIRXE DO CARME: Terceiro día
MANOPLAS DE COCINA PONDRÁS
Y ASÍ NO TE QUEMARÁS
I SEMANA GASTRONÓMICA DO CEIP VIRXE DO CARME: Segundo día
GORRO O COFIA
HAS DE LLEVAR
SI NO QUIERES
PELOS ENCONTRAR
I SEMANA GASTRONÓMICA DO CEIP VIRXE DO CARME: 1º día
Hoxe comeza a I SEMANA GASTRONÓMICA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME polo que de luns a xoves irémonos transformando en cociñeiros e cociñeiras e o xoves faremos unha degustación de doces típicos destas datas: filloas, orellas, rosquillas, enchido, flores...
Para comezar non pode hacer un cociñeiro ou cociñeira sen delantal ou mandil:
MANDIL OU DELANTAL POÑERÁS
PARA COMEZAR A COCIÑAR
ENTROIDO
Enviado por floragrande o Ven, 29/01/2016 - 12:47Como estes últimos anos, cada día traeremos un elemento diferente, preferiblemente feito ou adornado con materiais de refugallo.
Este ano estará adicado á gastronomía polo que de luns a xoves irémonos transformando en cociñeiros e cociñeiras e o xoves faremos unha degustación de doces típicos destas datas: filloas, orellas, rosquillas, enchido, flores...
LUNS | Delantal ou mandilón |
MARTES | Delantal ou mandilón + gorro |
MÉRCORES | Delantal ou mandilón + gorro + manopla |
XOVES |
Delantal ou mandilón + gorro + manopla + pano de cociña Degustación de doces típicos destas datas: filloas, orellas, enchido, rosquillas, flores... |
O venres disfrazarémonos de SUPERLECTORES facendo fincapé na importacia da LECTURA. O alumnado deberá traer roupa escura e 4 imperdibles.
Ás 12:00 horas perocrreremos as rúas de Sober e visitaremos a residencia de anciáns.
Pola tarde, é a hora do disfraz libre. Os nenos e nenas poden seguir disfrazados co disfraz do colexio ou disfrazarse do que eles queiran pero NON con disfraces ou caroutas terroríficas que poidan asustar aos máis cativos.
O NOSO ENTROIDO NA PRENSA
Na seguinte imaxe podedes ler a reseña de prensa publicada por El Progreso no seu suplemento Ribeira Sacra do día 27 de febreiro de 2015; na que adican toda unha páxina ao noso entroido.
En Común, 2ª Quincena de Febreiro 2015
SOBRE O ENTROIDO
Acaba de rematar o Entroido pero como non queremos perder ese espíritu de felicidade e alegría; aquí vos deixamos uns enlaces a libros LIM en castelán e en galego sobre esta celebración.
O primeiro é sobre o conto PLUM SE DISFRAZA ou PLUM DISFRÁZASE xa que podedes escoller entre galego ou castelán para escoitar o conto e facer as actividades.
A HORTA DO COLEXIO
Hoxe foi o día grande do entroido no colexio.
Dentro do tema do entroido COIDA A TÚA SAÚDE, hoxe tocoulle o turno á comida saudable. Por iso, nos disfrazamos de hortalizas e agricultores para potenciar o consumo de verduras.
Ademais dentro do proxecto Voz Natura, como este ano está adicado a horta; quixemos resaltar o seu tema:
Os nenos e nenas do PAI e os de Educación Infantil foron os agricultores encargados de sementar a horta:
E os de Primaria eran as riquísimas hortalizas que deu a nosa horta; remolachas foi a colleita do 1º ciclo, cenorias os pouquiños que estaban de 2º ciclo e patacas os maiores de 3º ciclo. Os disfraces están pintados sobre sacos de papel de fariña e pienso xa que o papel é mais ecolóxico que as bolsas de plástico. Ademais o papel; ao ser de cor marrón semella a terra na que están sementadas as hortalizas.
Para animar e reforzar a idea da importancia do consumo de verduras; cantamos a canción A comer verdura do grupo Cantando aprendo a hablar
Pero un día é un día; e hoxe como estamos de festa, Dunia representando ao Concello, repartiulles unhas bolsas de chuches e papelillos.
No seguinte vídeo podedes ver como disfrutaron os alumnos da festa que houbo a continuación
Pola tarde cada neno, puido disfrazarse do que quixo. Así encontramos polo centro princesas, superheroes, rockeras, animadoras, médicos, ninjas...
Podedes ver todas as imaxes deste día con todolos nenos disfrazados; na galería de imaxes.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »