Nadal

Nadal

NADAL NA CLASE DE INFANTIL

     O Nadal chega tamén á clase de Educación Infantil, onde os alumnos de 5 anos fixeron uns graciosos bonecos de Papá Noel cos tubos de cartón de papel do baño que adornan a porta da súa clase.

 

 

POSTAIS DE NADAL

     Para elaborar as postais de Nadal do centro que participarán no Certame de Postais da Biblioteca Nodal de Lugo a través da BIblioteca Municipal do noso concello, seguimos o mesmo proceso de elaboración que para os adornos da árbore de Nadal.
 
    O único diferente é que en vez de pegar todos os anacos entre si, o primeiro e o último pegámolos á cartolina da nosa postal.
 
 Os máis pequenos do colexio, fixeron unha gran postal a modo de árbore da que colgan os seus pequenos desexos navideños. 
 
 Mirade como loce a entrada da biblioteca, xunto a algúns dos libros expostos para esta época

ÁRBORE DE NADAL

    Cada ano facemos novos adornos para a nosa árbore de Nadal e cada ano queremos que estes adornos estén relacionados coa Biblioteca e coa reciclaxe ou reutilización; os de este Nadal están feitos con follas de xornais, folletos e papeis de agasallo reutilizados.
 
    O primeiro é cortar anacos cadrados destes papeis que colorearemos, dobraremos a metade e pegaremos entre si formando un pequeno libro. Despois debuxamos e cortamos un adorno que sexa simétrico e abrimos o noso agasallo para formar un círculo con el.
 
 
 
 
Aquí podedes ver a algúns dos máis cativos do cole, moi ledos colgando os seus adornos
 
 
Agora a árbore de Nadal loce así de fermosa

CERTAME DE POSTAIS E POESÍAS DE NADAL - 2015

    O venres día 15 / 01 / 2016 fíxose entrega na Biblioteca Pública Municipal de Sober dos premios correspondentes ao Certame de Postais e Poesías do Nadal 2015.

 

     O noso alumnado recolleu un premio á participación consistente nun diploma e nuns libros para a nosa biblioteca

Este acto foi recollido na prensa do día seguinte:

La Voz de Galicia, 16/01/2016

 

El Progresos, 16/01/2016

CONCERTO BENÉNFICO - 2015

   No centro Sociocultural, celebrouse o Concerto Benéfico de Nadal no que o alumnado do noso centro participou coa Escola Municipal de Música, o Coro Infantil da Escola, a Banda Xuvenil e a Banda de Música de Sober para recaudar alimentos e fondos para as familias máis necesitadas do noso Concello.

   

 

CHEGA O NADAL - 2015

Chegaron as vacacións de Nadal!!!!

Aínda non temos os vídeos do festival pero queremos desexarvos BO NADAL A TODOS

coa panxoliña "A festa do Belén" de Lucía Pérez e Chema Purón

 

FESTIVAL DE NADAL 2015

    Se vos gustou o noso festival de Nadal, aquí vos deixamos uns vídeos das actuacións.

    Estes vídeos son do ensaio xeral que fixemos o venres pola mañá:

 

 

    Para  rematar cantamos todos xuntos a panxoliña de Lucía Pérez que podedes ver na publicación anterior.

BO NADAL  E  FELICES  FESTAS!!

 

VISITA DE PAPÁ NOEL - 2015

     Xa que os nenos e nenas do centro traballan tanto e se portan tan ben; Papá Noel non podía deixar de vir a facernos unha visita antes de rematar esta avaliación.

 

    Nos seguintes vídeos podedes ver un resumo da súa visita. No primeiro Papá Noel recibe as cartas do noso alumnado e no segundo; as dos alumnos e alumnas do PAI.

 

   Esperamos que traia moitos agasallos para todos!!

 

AGASALLOS DE NADAL DA ANPA - 2015

     O Nadal é época de agasallos para os nenos e as nenas; e o primeiro agasallo chega desde a nosa ANPA.

    Este ano o agasallo é unha braga co nome do noso centro para ir ben quentiños!!

  

MOITAS  GRAZAS!!

CERTAME DE POSTAIS DE NADAL - 2015

   Como cada ano, participamos no certame de postais da Biblioteca Pública Municipal do noso Concello.

 
   Unha das condicións é utilizar material de refugallo na súa elaboración para seguir coa temática de respecto á natureza.
     
    Os alumnos e alumnas de infantil empregaron piñas e botes de natillas para elaborar estas fermosas árbores de Nadal, cheas de bos desexos:
 
   O alumnado de Primaria, empregou tubos de papel para as portadas das súas postais; convertíndoos en renos, un coro de nenos ou Papá Noel:
 

 

 
   Agora, as postais adornan a entrada ao noso centro:
Distribuir contido