Complementarias

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS (26/1/2018)

    Hoxe tivemos no centro unha nova sesión de traballo cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias con Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

   Na sesión de hoxe, fixeron experimentos para comprobar o efecto do alquitrán nos pulmóns e no aire que respiramos.  Para isto, fixeron pasar auga a través de filtros de papel limpos e filtros de papel e impregnados cunha sustancia similar ao alquitrán; o resultado foi bastante esclarecedor. No primeiro a auga saía totalmente transparente mentres que no segundo o seu aspecto era sucio e de cor amarelo.

 

  Luisa tamén lles mostrou a cantidade de alquitrán que se acumula nos pulmóns dun fumador durante un ano e a súa visión non é nada agradable.

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS: TABAQUISMO (19/01/2018)

   Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, adicará tres sesións de traballo aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias.
 
 
    Nestes obradoiros o tema principal é o tacabo: riscos, consecuencias, composición... Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar perxudica gravemente a nosa saúde; sempre coa intención de que o noso alumnado non chegue a ser fumador.

PROXECTO PILOTO SNAPPET

    Este ano comezamos unha experiencia piloto co uso das tablets nas aulas de Primaria a través de SNAPPET (empresa que se dedica ao uso das novas tecnoloxías aplicadas á aula)

    O alumnado de 1º a 6º, traballará actividades de reforzo, apoio e ampliación para as materias de Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés.

 

PLAN DIRECTOR

 

   Dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DE SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E O SEU CONTORNO impulsado desde a Delegación de Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación; tivemos no noso centro educativo dúas charlas informativas impartidas por Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.

Acoso escolar e Ciberacoso para o alumnado de 5º e 6º de Primaria

 

Os nosos fillos e internet. Riscos no uso das Novas Tecnoloxías para pais, nais ou titores.

ENLACES  A  PÁXINAS  DE  INTERESE  SOBRE  ESTE  TEMA

EL BLOG DE ANGELUCHO

MENORES EN RED

OFICINA DE SEURIDAD DEL INTERNAUTA

VI XIMNASTRADA SOBER

21/05/2017 18:00
Europe/Madrid

VI XIMNASTRADA SOBER (21/05/2017)

    Preto de 150 ximnastas do Club Quicela de Monforte, da Asociación Deportiva Aixa e do CEIP Virxe do Carme de Sober participaron un ano máis na VI Ximnastrada de Sober organizada pola ANPA, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e o Concello de Sober que contou cunha gran afluencia de xente.


 

    Os ximnastas do noso colexio fixeron dúas grandes actuacións. A primeira foi as ximnastas maiores e a segunda coa que pechou a ximnastrada, de todo o grupo xunto.

 

 

   Nesta foto de grupo podedes ver a todos os ximastas participantes coas súas entrenadoras e ao noso equipo.

   Queremos dar as grazas a Flor de Toxo e a Imaxinatia pola súa aportación para o evento e a Rafa e a Dunia pola súa colaboración.

GALERÍA  DE  IMAXES

MOVE FICHA POLA RIBEIRA SACRA (15/5/2017)

    Arte, historia, xeografía... a iniciativa do Consorcio de Turismo chegou ao centro a campaña 'Move ficha pola Ribeira Sacra" para coñecer máis sobre o territorio no que vivimos, sobre a Ribeira Sacra. 
 
    Os monitores do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra fixeron unha presentación explicativa (con apoio dunha presentación visual) das principias características e valores da zona, para logo traballar cos mesmos contidos dunha maneira lúdica, cun xogo de mesa especialmente creado para esta actividade.

PROGRAMA FUMATAS: Prevención do tabaquismo

   Hoxe celebrouse a segunda sesión de Fumatas, o programa de prevención do tabaquismo, no que Luisa Astray (educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos) trata de concienciar ao alumnado sobre os riscos deste hábito.

   Nesta sesión fixeron un experimento que lles permitiu observar o efecto da nicotina nos pulmóns apreciando como a auga utilizada cambia de cor cos residuos do tabaco.

   

   Tamén fixeron unha práctica na que tiñan que rechazar una invitación a fumar dando argumentos en contra do tabaquismo.

  

 

 

   Para rematar firmaron un Contrato de Compromiso, no que se "comprometen" a non fumar ao chegar ao Instituto.

  Esperemos que o cumpran!!

Y si insisten....RESISTE!!!

PROGRAMA FUMATAS: Prevención do tabaquismo

   Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable  de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, ven de adicar dúas sesións de traballo aos rapaces e rapazas do 3º ciclo sobre os riscos e tipos de dependencias; centrándose no tabaquismo: riscos, consecuencias, composición...

    Nesta primeira sesión, ademais de conversar e concienciar aos nenos e nenas sobre todos os inconvintes deste mal hábito, o alumnado levou a cabo un experimento co que puideron decatarse dos residuos que un só cigarro deixa no algodón e que son os mesmos que deixaría no noso pulmón.


GALERÍA  DE  IMAXES

PREMIOS CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO (24/3/2017)

    Hoxe na Casa da Cultura de Sober foi a entrega de premios do III Certame de Bebuxo Infantil da XXXVII Feira do Viño de Amandi que ten como finalidade elaborar un adhesivo para entregar na Feira do Viño a todas aquelas persoas que veñan a visitala e que está aberto a todos os escolares de Primaria da Comarca de Lemos.
 

    O alcalde fixo entrega do premio á gañadora que foi Candela Enríquez Buján de 7 anos do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e que recibiu un premio de 150 € para material escolar.

 

   Todos o participantes recibiron  ademais un diploma e unha simpática bolsa co anagrama do certame.
 
Desde aquí tamén queremos transmitir e sumarnos ao agradecemento que o alcalde 
fixo a todo o alumnado pola súa participación nesta convocatoria!
Distribuir contido