2022/2023

BIBLIOAXUDANTES NA PRENSA (13/11/2022)

    Con motivo da celebración da Xornada de bibliotecas escolares de Galicia deste curso que se celebrou en Santiago o 12 de novembro, o xornal El Progreso publicou un artigo no que falan dos nosos/as biblioaxudantes.

 
El Progreso, 13/11/2022
 
 

 ENLACE Á  PUBLICACIÓN  DIXITAL

 

 

V ANDAINA POLO CAMIÑO DE INVERNO (10/11/2022)

     A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a V Andaina polo Camiño de Inverno despois de dous anos de parón por culpa da pandemia.

   Nesta andaina particou o alumnado de 6º de Infantil e o de toda a Primaria xunto a 1.500 escolares doutros centros educativos da comarca: CEIP A Pobra do Brollón, CEIP Monte Baliño, CEIP A Gándara, EOI de Idiomas...

 

   Os nosos nenos e nenas dividíronse en dous grupos: xs de infantil fixeron o percorrido máis curto desde o Campo da Virxe, ao lado do Castelo de San Vicente, ata o Parque dos Condes.

 

 Mentres xs de primaria fixeron o percorrido desde Reigada (aprox. 6 km)

 

   Á chegada a Monforte reunímonos todos os participantes no Auditorio ao aire libre do Parque dos Condes e despois pasamos o que quedaba de xornada no parque infantil da Compañía.

 

 

RESEÑAS  DE  PRENSA

La Voz de Galicia (ed. dixital) 10/11/2022

 

web Asociación Camiños pola Ribeira Sacra

 

   Lembrade que na biblioteca encontraredes moitos libros sobre o camiño de Santiago que podedes levar prestados para ter máis información ou pasar un bo rato lendo. Algúns deles son:

 
 
 

 

PODES  VER  TODAS  AS  IMAXES  DESTA  XORNADA

NA GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

MAGOSTO 2022

 

 

 

    Estamos en novembro que é o mes das castañas e dos magostos...e, por suposto, no cole tamén facemos o noso!!

    Comezamos o día na biblioteca cos biblioaxudantes Naím e Yanira que nos leron un poema acumulativo de Azucena Arias do libro  O magosto. Festas na escola (Colectivo "Ollo de Sapo") no que conta o que lle pasou á castaña do souto do araña.

 

    Despois de escoitalo, todo o alumnado do colexio fixo un exercicio de memoria intentanto completar o poema de memoria ou pintando e ordeando os personaxes protagonistas.

 

    Queredes escoitar outra vez este poema tan simpático e comprobar a vosa memoria? Pois aquí vos deixamos o podcast que gravaron en Radiuvín e as fichas que traballamos

  

Pola tarde foi o momento de asar as castañas e como non... comelas!!!

 

Para ver todas as imaxes deste día, premede na GALERÍA  DE  IMAXES

 

PROXECTO OUTONO - Outono 2022

 Para celebrar a chegada do outono e decorar o noso cole o alumnado de 6º de primaria, dende a materia de INEIN (Investigación e Tratamento da Información) estivo a realizar un proxecto sobre dita estación. 

Imaxe recuperada de: http://celsocurras.blogspot.com/2017/10/benvido-outono.html 

Comezamos a tarefa dividíndonos en grupos de traballo. A cada un tocoulle un tema diferente: refráns, adiviñas ou poemas de outono. A continuación, puxémonos "mans á obra" e comenzamos a indagar en Internet mediante as tabletas e os ordenadores da biblioteca. Logo de recompilar toda a información, aprendemos a utilizar a web de deseño gráfico, denominada Canva, para poder realizar os carteis dun xeito moi visual e chamativo.

 

 

 

Logo de varias semanas de moito esforzo o resultado é...Bueno, xulgade vós mesmos! 

Nós estamos encantados co froito do noso traballo. 

 
 

 

CIBERSEGURIDADE CON SOFÍA (25 - 10 - 2022)

   A AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnológica de Galicia) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia están realizando actividades de formación en Ciberseguridade para os nenos e nenas galegas.  Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de primaria puideron realizar esta actividade grazas a xestión da Biblioteca Pública Municipal.

 
   Durante esta sesión cos compoñentes de Polo Correo do Vento, falamos de internet segura, de Ciberseguridade, da importancia das contrasinais, de non regalar os nosos datos a calquera aplicación...   E todo mentres escoitabamos un conto acompañado pola música dun ukelele.
 
 
 
  Ao mesmo tempo que escoitabamos a historia, Pablo (ilustrador), foi debuxando esta infografía que quedará na biblioteca para que as ensinanzas de hoxe non se esquezan.
 
 
   A continuación compartimos o conto de Sofía para que todos poidades aprender con el.
 
 
 
 
 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022: RETO LECTOR

Como recordaredes, antes de rematar o curso, Lectuvín presentou un reto lector para o verán:

  

   A conmemoración do Día da Biblioteca é a data que sempre aproveitamos para entregar os premios aos nenos e nenas que participan neste reto lector, por iso hoxe recibiron os seus agasallos.

 

 

 

MOITAS  GRAZAS  POR  PARTICIPAR!!

 

SAMAÍN CON-SUMO COIDADÍN (21 - 10 - 2022)

     SAMAÍN CON-SUMO COIDADÍN é unha campaña do Instituto Galego de Consumo e da Competencia que ten como obxectivos advertir sobre os principais riscos nos disfraces, complementos e artigos de Samaín e dar a coñecer as normas do etiquetado destes produtos.

 
   Para acadar estes obxectivos, o alumnado a través dunha pequena presentación puido descubrir o que son e o que non son xoguetes, a importancia da seguridade dos diferentes produtos, o símbolo de seguridade 0-3 e o marcado CE.

 

   Despois o grupo de infantil, 1º e 2º decorou unha máscara de cabazas e o grupo de 3º a 6º unha máscara de caveira, ambalas dúas cos símbolos 0-3 e o marcado CE.

 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR (Texto: Asesoría Bibliotecas Escolares)

 

 

    A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 
     A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.
 
 
     A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
- Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
- Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación
 

 

Distribuir contido