2021/2022
XORNADA BIBLIOTECA CREATIVA (4-02-22)
Esta venres tivo lugar a Xornada de Biblioteca Creativa 2021-22, unha xornada foi inaugurada por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. e nas que participamos todos os centros que formamos parte do proxecto Biblioteca Creativa.
Nesta xornada aprendemos moito sobre xogos e aprendizaxe basado en xogos, explotamos a nosa creatividade con talleres específicos e ademais a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou co noso centro para expor o noso traballo na parte referida a "Dinamización do espazo creativo" onde participamos coa presentación do mesmo nome que podedes consultar a continuación:
Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido das alfabetizacións múltiples, da robótica e dos laboratorios creativos de aprendizaxe.
DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN (30-01-2022)
O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Para conmemorar este día no colexio e poñer o noso gran de area na consecución da Axenda 2030, traballanos sobre a figura de Malala Youfsazai que recibiu o Premio Nobel da Paz aos 17 anos converténdose na persoa máis nova de todas as categorías en en recibir este premio.
Pero antes de comezar, temos moitas preguntas que resolver...
por que se conmemora este día? e para que se celebra?
Que é iso dos Premios Nobel?
Quen é Malala e que fixo para recibir este premio?
Para coñecer a respostas destas cuestións; podedes escoitar o programa especial de radio elaborado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:
Despois de coñecer a historia de Malala e reflexionar sobre a importancia da súa loita, fixemos varias actividades de ilustración xa que tamén conmemoramos o Día da Ilustración.
Primeiro, ilustrar unha liña do tempo plasmando momentos destacados da súa vida.
Segundo, debuxar os nosos propios desexos respondendo á pregunta: Que debuxarias ti se tiveses un lapis máxico?
Terceiro, elaborar unha exposición con todos os traballos realizados.
Para rematar, tamén coloreamos uns modelos de "máscaras da paz" para poñer enriba das máscaras que traemos e darlle algo de ledicia a este día.
FELIZ DÍA DA PAZ!!
"COMPRENDO O QUE LEO" E "TÉCNICAS DE ESTUDO" (III)
Na primeira sesión do ano dos obradoiros subvencionados pola ANPA, o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixo prácticas de comprensión lectora e xogos para mellorar a antención e a memoria.
Os demais alumnos de Primaria reflexionaron sobre a importancia do lugar de estudo: temos un lugar de estudo determinado? Ten suficiente luz? Teño o meu espazo ordenado? Manteño unha postura corporal adecuada? Existen ruidos ou outros factoresque me desconcentren?
Aspectos moi importantes para adquirir bos hábitos de estudo pois un lugar de estudo adecuado e sen distraccións garante que non perdamos tempo buscando materiais, libros, papeis... Así o estudo é máis produtivo e aproveitamos mellor o tempo.
AGASALLOS DOS REIS MAGOS
Os nenos e as nenas do noso colexio pórtanse moi ben na nosa biblioteca mentres estudan, xogan, len, investigan, descobren, crean... E isto parece que non lles pasou desapercibido aos Reis Magos que deixaron un montón de agasallos para eles!
Libros, recursos para a mesa de luz, xogos para o recuncho creativo... unha morea de novidades para a biblioteca e para as bibliotecas de aula!
MOITAS GRAZAS REIS MAGOS!!
SEGURO QUE OS NOSOS NENOS E NENAS
O VAN A PASAR XENIAL CON ESTES AGASALLOS!!
CERTAME POSTAIS DE NADAL (4-01-22)
Hoxe entregáronse os Premios do Certame de Nadal da Biblioteca Pública Municipal de Sober, un Certame no que sempre participamos enviando unhas fermosas postais de Nadal!
O alumnado de infantil fixo unhas postais moi divertidas picando a cara de Papá Noel para poñer a súa. Resultoulles moi gracioso aos cativos do cole verse coas barbas brancas!
O alumnado de primaria, utilizou para completar as súas postais obxectos impresos en 3D na nosa biblioteca. Algúns descargados de thingiverse (lazos by Colorme3D e folerpas de neve by Aircool2017) e outros deseñados en tinkerkad.
E así de fermosas quedaron!
Tamén deseñaron unhas estrelas de Nadal a través de tinkercad coas que desexar un Feliz Aninovo a todxs!
Ademais de darlle cor a nosa biblioteca, as postais tamén puideron verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM xa que estiveron expostas na Casa da Cultura do Concello.
Pola participación neste Certame, a Biblioteca Pública Municipal agasoullos cun diploma e un par de sorpresas que o noso alumnado poderá disfrutar na nosa biblioteca!
FELICITACIÓN NADAL 2021
Hoxe remata a primeira avalición e chega o Nadal, pero antes de irnos de vacacións queremos felicitar a toda a comunidade educativa e para iso, desde o Equipo de Biblioteca, elaboramos este videofelicitación coa panxoliña Un bo Nadal do grupo King Kids.
Acompañamos a panxoliña coa letra e pictogramas porque nos parece moi importante continuar co traballo en prol dunha biblioteca e dunha sociedade inclusiva.
QUE PASEDES UN BO NADAL!!
XVIII CONCURSO CONTOS SOLIDARIOS: UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN
Esta semana coñecéronse os gañadores do XVIII Concurso de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión" e non fomos nós, foi o colexio Buen Pastor de Sevilla. NORABOA!!
Ademais Manuel Lois, fíxolles unha visita guiada aos estudos radiofónicos e puideron coñecer como é unha radio profesional e as diferenzas coa nosa radio escolar.
MOITAS GRAZAS A MANOLA E A MANUEL LOIS POR ACOLLERNOS!!
Despois da radio o día seguiu cun paseo polo recinto amurallado e a zona da Xudería de Monforte: a porta da Alcazaba, a Rúa Falagueira, o Cárcere Vello...
E como todo esforzo ten que ter unha recompensa, tamén vistaron unha librería na que puideron escoller o libro que quixeron como agasallo.
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3/12/2021)
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 proclamou o 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.
Esta finalidade recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.
PLAN DIRECTOR (1-12-2021)
Hoxe tivemos na biblioteca a Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais que veu a darlle unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a través do Plan Director.
Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado pois, aínda que sabemos que non teñen idade para abrir perfís de redes sociais, a maioría deles teñen acceso a elas. Whatsapp, instagram, tiktok, xogos en rede... forman parte da súa realidade e, polo tanto, é necesario que aprendan e coñezan perigos que poden atopar en internet: grooming, estafas, roubo de datos persoais...
Ademais Ramón Peña tamén nos deu consellos de ciberseguridade como activar a dobre autenticación nas aplicacións que utilicemos pois aínda unha contrasinal segura que inclúa maiúsculas, minúsculas ou caracteres, se pode hackear. Para rematar, abriuse unha quenda de preguntas onde o noso alumnado puido resolver as súas dúbidas.
Se queredes saber máis de todo o que falamos hoxe, podedes escoitar a entrevista que lle fixeron Gareth e Valeria en Radiuvín; onde tamén nos deixou unhas verbas no libro de visitas.
Para rematar queremos dar as grazas a Ramón Peña e a este plan da Garda Civil que tan necesario nos parece e ante calquera problema que teñades, falade cun adulto ou pedide axuda chamando ao teléfono de axuda en ciberseguridade 017 ou por whastapp ao número 900116117.
CIENCIA NA BIBLIOTECA: MESTURAS - INFANTIL A (30/11/2021)
Neste mes o alumnado de infantil A estivo aprendendo moito sobre as mesturas; pero...
Que é MESTURAR?
Para eles mesturar é xuntar varias cousas e darlle voltas; mais cando facemos isto algunhas desas "cousas" desaparecen como pasa co sal ou co azafrán se os mesturamos con auga; pero que pasará se mesturamos aceite e auga?
Mirade atentamente...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »