2019/2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA (2019)

   Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.

 
 
 
     Xa subimos vídeos dos experimentos de 5º e 6º de primaria e hoxe é a quenda dos nenos e nenas máis pequenos; eles fixeron un volcán de espuma... Estade atentos!!
 

 
 
 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

    Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
 
 
 
     Pouco  a  pouco iremos subindo os vídeos destas actividades para compartir coa comunidade educativa os resultados obtidos.
 
    Hoxe comezamos cos experimentos de 5º e 6º de primaria...a ver que vos parecen..
 
 
 
 
 
 
 

SEMANA DA MÚSICA 2019: A PERCUSIÓN

  Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por sétimo ano consecutivo a Semana da Música. 
 
    Durante toda a semana, celebrouse un certame na biblioteca no que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de  instrumentos aos que se lle adicou este ano a semana musical: A  PERCUSIÓN.
 
   Para rematar as actividades, tivemos no centro a José Luís García, Profesor Superior de Percusión no Conservatorio Meste Ibáñez.
 
   El ensinounos moitas cousas sobre estes instrumentos e puidemos coñecer de cerca varios membros da familia. Comezamos coa caixa, nunha interpretación na que descubrimos as súas posibilidades sonoras xa que non só a tocou coas baquetas como estamos acostumados a oíla senón que tamén o fixo cos dedos e as unllas!!
 
   Continuamos coa Marimba, quizáis un dos instrumentos de percusión de altura determinada máis coñecidos. Para presentala, ademais de escoitar ao noso convidado, desfrutamos tamén dun dúo coa nosa alumna Laura.
 
   Outros instrumentos que xa coñeciamos no cole pero que José Luís nos presentou de forma máis profesional foron os instrumentos de pequena percusión: güiro, maracas, pandeireta, claves....
 
   E tamén aprendemos a diferenza entre caixa, tambor e tamboril que aínda que parecen semellantes son diferentes.

    Outra cousa que aprendemos hoxe foron os diferentes tipos de baquetas que existen dependendo do instrumento que vaiamos a tocar ou dos efectos que queiramos acadar.

 

   Para rematar o concerto non podía faltar a batería, o instrumento que máis lles chama atención aos nenos e nenas e co que o pasaron xenial!

 
 
  Ao finalizar o concerto, José Luís entregou os premios ao alumnado gañador do certame de investigación, que incluía un punto de lectura cunha clave de sol da nosa impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324)e tamén lle entregamos a el  unha peza de alfarería de Gundivós para agradecerlle a súa presenza neste concerto didáctico.
 
 
 
   E non podíamos dar por rematada esta actividade sen que o noso convidado pasara polos estudos de Radiuvín para compartir cos seus alumnos Laura e Darío unha entrevista que podedes escoitar no seguinte podcast. Ademais outra razón pola que tiña que pasar por Radiuvín é que varias das sintonías da nosa emisora (como a de Sobericias) son da súa autoría.
 
 
 
E  AGORA,  SE  QUEREDES  VER  MÁIS  MOMENTOS  DESTA  ACTIVIDADE,
PODEDES  FACELO  PREMENDO  NA  GALERÍA  DE  IMAXES.
 
FELIZ  DÍA  DE  SANTA  ICÍA!!!
 

MAGOSTO 2019

    Esta é época de castañas e magostos... e, por suposto, no cole tamén facemos o noso!!
 
 
   Comezamos o día na biblioteca cos biblioaxudantes. Valentina falounos un pouco desta tradición e das diferenzas entre un ourizo de castaña e un ourizo mamífero.
 
 
  Zaira Salgado leunos o poema "O magosto" da obra Cantos de sol a sol de Xosé Neira Vilas:
 
Na punta da póla
o ourizo regaña
e dende as espiñas
axexa a castaña.
 
Castaña ridente
redondiña e chea
achégate ao lume
que hai festa na aldea.
 
Hai festa rachada
no cabo da eira, 
hai cantos e bailes,
castaña festeira. 
 
Ti es a señora
que chega na cesta
alma do magosto
raíña da festa.
 
 
    A continuación Pablo Pérez, recitou o poema "O ourizo" lo libro Os soños na gaiola de Manuel María:
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.
 
Tal un señor moi mandón,
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.
 
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
 
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada,
e xa fuxiu a castaña...! 
 
   Podedes escoitar os dous poemas na emisión de Lecturradio de hoxe:

    Xa pola tarde foi o tempo de asar as castañas e de comelas
 
Podesde ver todas as fotos no enlace:
 

FORMACIÓN DE USUARIOS (I): VÍDEOS. Outubro 2019

    Sempre comezamos o curso escolar da biblioteca facendo unhas sesións de formación de usuarios nas que lle recordamos ao alumnado as normas da biblioteca, a clasificación dos fondos, o significado das etiquetas dos libros... todo o necesario para que poidan desenvovlerse nela.
 
  Este ano, esta formación fíxose co alumnado de 4º e 6º de Primaria que na materia Investigación e Tratamento da Información gravaron e produciron varios vídeos nos que recordaban todos estes aspectos. 
 
   OLLADE  ATENTOS!!
NORMAS  DA  BIBLIOTECA
 
QUE  PODEMOS  FACER  NA  BIBLIOTECA?
 
E  QUE  PODEMOS  FACER  NOS  ORDENADORES  E  NAS  TABLETS??
 
 
 RECORDAMOS  A  CDU
 
 
 A  CDU  NA  NOSA  BIBLIOTECA
 
 
QUE  INDICAN  AS  ETIQUETAS  DOS  LIBROS?
 
FONDOS  DE  LITERATURA  PARA  EDUCACIÓN  INFANTIL
 
Distribuir contido